Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2011 Páx. 36673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación do servizo de xestión de plásticos agrícolas.

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación do servizo de xestión de plásticos agrícolas.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral Técnica de Calidade e Avaliación Ambiental.

1.3. N.º de expediente: 23/2011.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: servizo de xestión (recollida, transporte e valorización) de plásticos agrícolas xerados na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70% no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (anticipado de gasto).

2.2. División por lotes e número: non.

2.3. Prazo de execución: 24 meses.

2.4. Clasificación do contratista: grupo R, subgrupo 5, categoría c.

2.5. Solvencia económico-financeira e solvencia técnico-profesional: ver número 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no número 7.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo autorizado é de oitocentos oitenta e un mil catrocentos oitenta e un euros con corenta e oito céntimos (881.481,48 €) sen IVE.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Criterios de valoración: 1. Proposición económica (ata 44 puntos), plan de organización do servizo (ata 30 puntos), relación de maquinaria, medios técnicos e humanos (ata 10 puntos), melloras que se establecen en relación co servizo obxecto do contrato (ata 3 puntos).

7. Información.

7.1. Entidade: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

7.2. Enderezo: San Lázaro, s/n.

7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

7.4. Teléfono: 981 54 17 44/981 54 17 43.

7.5. Fax: 981 54 17 50.

7.6. Data límite: 25 de decembro de 2011.

8. Presentación das ofertas.

8.1. Data límite da presentación: día 26 de decembro de 2011, unha vez cumprido o prazo exixido no artigo 143 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, unha vez aplicadas as reducións que prevé para medios electrónicos.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no número 6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación, a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 17 50) no mesmo día.

e) Hora límite no último día de presentación de proposicións: as 14.00 horas.

9. Apertura das ofertas.

A apertura do sobre B será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Santiago de Compostela, San Lázaro, ás 9.00 horas do día 9 de xaneiro de 2011. A data de apertura do sobre C convocarase oportunamente.

10. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15 de novembro de 2011.

12. Portal informático onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=16930

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas