Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2011 Páx. 36659

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 21 de novembro de 2011 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), anunciada pola Orde do 15 de xuño de 2011.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) pola Orde do 15 de xuño de 2011 (DOG n.º 199, do 18 de outubro), de conformidade co disposto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo.

Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 15 de xuño de 2011 (DOG n.º 199, do 18 de outubro).

Segundo. Adxudicar destino nun posto de traballo e declarar deserto outro e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario presta servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos ao citado funcionario/a. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A persoa titular do departamento de persoal do que depende o/a funcionario/a nomeado/a, así como a do departamento do que pase a depender, emitirán as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO

Adxudícase:

Apelidos e nome: Canosa Ozón, Juan Ramón.

NRP: 1083151968 A2077.

Grupo: A2.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Axudas Complementarias.

Código: MR.C03.00.001.15770.023.

Nivel: 28.

Corpo/escala: corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros técnicos agrícolas.

Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión da PAC.

Localidade: Santiago de Compostela.

Declárase deserto:

Código do posto: AG.A02.00.000.15770.055.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Coordinación, Control e Xestión Administrativa.

Nivel: 28.

Dependencia: Secretaría do Fogga.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1.

Corpo/escala: xeral.

Titulación académica requirida: licenciado/a en dereito.