De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural, sita na praza de Luís Seoane s/n, edificio administrativo Monelos 3.º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 14 de novembro de 2011.
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Expediente: PES-CO-0063-2011V.
Denunciado: Antonio Souto Bocija.
Acto de notificación: acordo de iniciación.