Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2011 Páx. 36668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 28 de novembro de 2011, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, polo que se publica a relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de abril de 2011 referente aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital para os anos 2011 e 2012.

A Resolución do 7 de abril de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2011 e 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e procede á convocatoria (procedemento administrativo PR519A, publicado no Diario Oficial de Galicia número 77, do 19 de abril de 2011).

A dita Resolución do 7 de abril de 2011 faculta, na disposición derradeira primeira, ao titular da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información para que dite as instrucións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación da convocatoria. Así mesmo, no artigo 7 das bases reguladoras disponse que a dita subdirección xeral, pertencente á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención e que lle corresponde ao titular da secretaría xeral ditar a resolución que corresponda.

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, con data do 22 de novembro de 2011, ditou resolución de concesión de subvencións ao abeiro da citada convocatoria.

O artigo 13 das bases reguladoras dispón: «Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Con carácter xeral non se enviarán notificacións postais e, de conformidade co establecido no artigo 59.6.º b) da indicada lei, substituirase a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada. Coa publicación no DOG poderán remitirse os beneficiarios a que consulten información detallada da resolución nun taboleiro da citada web».

Así mesmo, con esta publicación dáse cumprimento á obriga de publicidade prevista no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Na súa virtude,

ACORDO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de abril de 2011, procedemento administrativo PR519A. Esta relación achégase como anexo –Subvencións concedidas.

Estas subvencións realízanse con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.70.571-A.770.0 –Achegas ás empresas para o desenvolvemento da sociedade da información e 04.70.571A.781.0 –Achegas a institucións sen fins de lucro para proxectos da sociedade da información, cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) cunha porcentaxe do 80%, segundo o establecido na convocatoria. Así mesmo, sométense ao réxime de minimis, establecido no Regulamento (CE) 1998/2006 relativo ás axudas de minimis (DOUE L 379/5, do 28 de decembro).

2. Facer indicación expresa aos beneficiarios que desde a data de notificación da concesión están suxeitos ás obrigas de publicidade e demostración en relación aos proxectos subvencionados, e mesmo á colocación de placas explicativas permanentes e información de publicidade temporal na súa web, nos supostos e coas condicións previstas na convocatoria.

3. Identificar que os solicitantes que non aparecen no devandito anexo deberán entender que non lles foi concedida a subvención.

4. Identificar o taboleiro electrónico que se describe neste anuncio, como o medio e lugar onde se remite aos interesados para que obteñan información particularizada e motivada dos feitos aquí recollidos, coa indicación de que será onde se publicarán os sucesivos actos integrantes deste procedemento administrativo.

5. Identificar que o acceso aos contidos do devandito taboleiro electrónico pode facerse por tres canles electrónicas distintas. Para empregar calquera das tres canles o interesado deberá dispoñer da primeira folla dos formularios de solicitude, ben en formato papel ou ben en arquivo PDF, que se xerou no seu momento coa aplicación de formalización de formularios de subvención.

5.1. Acceso pola web http://imit.xunta.es, empregando un código electrónico.

O interesado debe acceder á páxina web da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, sita no enderezo http://imit.xunta.es, e seleccionar a opción Axudas, co que se amosa o servizo do taboleiro electrónico. Para o acceso ao contido do taboleiro electrónico deberá introducir, tecleando, o código electrónico (de entre 16 a 20 caracteres alfanuméricos) existente na parte superior dereita da primeira folla da súa solicitude, o que garante a privacidade no acceso á información de cada solicitante. O enlace dereito a este servizo é o seguinte:

http://imit.xunta.es/portal/sectorempresarialdasociedadedainformacion/axudas/

5.2. Acceso nun clic desde o arquivo PDF da solicitude.

O interesado debe abrir o arquivo PDF da solicitude cun visor Acrobat Reader. Na parte inferior dereita da primeira folla dispón dunha figura con cadrados brancos e negros, un código QR. Premendo clic dentro da figura do código QR activará un enlace personalizado co que accede directamente á información.

5.3. Acceso a través dun dispositivo móbil, coa fotografía do código QR.

O interesado debe fotografar o código QR da solicitude e dispoñer no seu dispositivo móbil dun software de recoñecemento e acceso á internet, que lle permita enlazar coa URL que está codificada na matriz bidimensional do código QR.

Disponse de información explicativa adicional sobre o uso das canles electrónicas citadas no seguinte enlace:

http://imit.xunta.es/portal/sectorempresarialdasociedadedainformacion/axudas/pregunta4.html

6. Facer indicación expresa de que os actos comunicados de resolución da convocatoria son definitivos en vía administrativa e cabe interpoñer, de ser o caso:

• Recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contando a partir do día seguinte desta publicación, segundo os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

• Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a contados desde o día seguinte desta publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

7. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información a través do teléfono 881 99 50 58, do enderezo de correo electrónico sxmit.axudas@xunta.es, ou presencialmente no edificio administrativo de San Caetano, bloque 5-4.º andar, en Santiago de Compostela (A Coruña). Nesta subdirección xeral tamén disporase dun taboleiro físico convencional onde poderá accederse en formato papel á información particularizada para cada un dos solicitantes presentados á convocatoria, recollidos ou non no citado anexo, o que garante a igualdade no proceso de notificación para todos os solicitantes nun procedemento de concorrencia competitiva, e mesmo para aqueles que non obtiveron un código electrónico na súa solicitude ao non seguir as indicacións e medios de axuda para a obtención dos formularios normalizados previstos na convocatoria.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2011.

P.A.
José Luis Somoza Digón
Xefe de Servizo de Xestión da Sociedade da Información

Anexo
Subvencións concedidas

Razón social do líder e do socio tecnolóxico do proxecto

NIF

Expte.

PR519A - 2011

Tipo de actuación

Finalidade/Título do proxecto

Subvención

concedida 2011

Subvención concedida 2012

Asociación Clúster do Audiovisual Galego

G15891260

650

A2-Líder

Libreplan Audiovisual: Sistema de Planificación e Control de Desvíos de Producións Audiovisuais

16.200,00 €

20.040,00 €

Igalia, S.L.

B15804842

870

B2 Socio

32.522,25 €

42.936,75 €

Asociación de Empresarios de la Construcción de Pontevedra

G36614071

455

A2-Líder

Marketplace do Sector da Construción en Galicia

27.640,00 €

4.000,00 €

Visual Publinet, S.L.

B36880094

805

B2 Socio

28.740,75 €

23.535,00 €

Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco)

G36796779

589

A2-Líder

Rede Social do Sector da Construción con Xerador de Orzamentos Social para Asemaco

30.348,80 €

9.564,00 €

Inteco Ingeniería Avanzada, S.L.

B36856540

459

B2-Socio

18.003,75 €

11.456,25 €

Asociación Galega de Artesáns

G15128275

701

A2-Líder

Plataforma de Comercio Social de Artesanía

21.512,00 €

24.184,00 €

Isenda Telemática, S.L.

B70104484

587

B2-Socio

16.875,00 €

14.310,00 €

Galinus, Comunicación en Internet, S.L.

B70073002

757

B2-Socio

12.426,00 €

17.178,00 €

Asociación Provincial de Empresarios de Transporte Discreccional de Mercancías de Pontevedra (Asetranspo)

G36627719

847

A2-Líder

SIPAT: Servizos Integrados para Asociacións de Transporte

16.614,40 €

11.867,20 €

Lambda Calidad y Tecnología, S.L.

B36502060

752

B2-Socio

15.523,50 €

9.643,50 €

Open Soft Servicios Informáticos, S.L.

B36769917

751

B2-Socio

14.397,75 €

13.148,25 €

Fernández Carballada y Asociados, S.L.P.

B15671563

838

A1-Líder

Ferramenta SIX de Análise e Asistencia na Toma de Decisións en Proxectos de Ordenación Urbanística

12.180,50 €

8.492,50 €

Avansig, S.L.L.

B70271747

742

B1-Socio

6.622,50 €

24.601,50 €

Hospital Povisa, S.A.

A36606788

597

A1-Líder

Sistema de Informatización para as Urxencias Hospitalarias

10.979,00 €

17.962,00 €

Tecnologías Plexus, S.L.

B15726177

580

B1-Socio

46.396,20 €

34.380,60 €

Itonor, S.A.L.

A36659993

582

A1-Líder

Creación de Plataforma B2B, entre Itonor e os seus Clientes

8.981,00 €

8.215,00 €

Visual Publinet, S.L.

B36880094

808

B1-Socio

27.844,50 €

23.814,75 €

Marcelino Martínez, S.L.

B36010098

602

A1-Líder

Desenvolvemento e Implantación dunha Solución para a Xestión da Produción nas Canteiras do Grupo Marcelino Martínez

11.600,00 €

11.129,50 €

Visual Microsistems, S.A.

A36333706

566

B1-Socio

13.467,00 €

14.105,25 €

Metalúrgica Galaica, S.A.

A15008071

635

A1-Líder

Sistema de Información Avanzada do Proceso Produtivo Siderúrxico

33.359,50 €

24.362,50 €

Aldaba Servicios Profesionales, S.L.

B15862295

744

B1-Socio

26.211,75 €

0,00 €

Pereira Productos del Mar, S.A.

A36642759

614

A1-Líder

Desenvolvemento dun Sistema de Xestión de Produción para Pereira Productos del Mar

13.247,50 €

13.630,00 €

Inteco Ingeniería Avanzada, S.L.

B36856540

629

B1-Socio

18.918,00 €

12.038,25 €

Pérez Torres Marítima, S.L.

B15263106

956

A1-Líder

Plataforma de Información de Materiais en Almacenaxe Portuario

14.298,50 €

11.652,50 €

Aldaba Servicios Profesionales, S.L.

B15862295

972

B1-Socio

25.153,50 €

24.530,25 €

Radio Vigo, S.A.

A36612414

578

A1-Líder

Sistema de Xestión Intelixente da Información para Medios de Comunicación

40.655,00 €

24.690,00 €

Grupo Galseg Seguridad Informática, S.L.

B15842495

927

B1-Socio

50.625,00 €

41.062,50 €

Sinsal Audio, S.L.

B36898369

885

A1-Líder

Promoción de Eventos en Linkeddata

16.890,00 €

23.550,00 €

Spica, S.L.

B36603363

904

B1-Socio

42.898,50 €

31.809,75 €

Viriato, S.A.

A15024482

788

A1

Desenvolvemento e Implantación de Ferramenta Software para Xestión Loxística

36.476,00 €

0,00 €

Level Telecom, S.L.

B15565294

818

B1-Socio

50.013,00 €

0,00 €