Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2011 Páx. 36639

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as notas do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Mediante Resolución do 6 de agosto de 2010, do director xeral de Administración Local, convocouse o proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Mediante Resolución do 7 de outubro de 2010, do director xeral de Administración Local, resolveuse o recurso de reposición á devandita convocatoria.

Mediante Resolución do 20 de outubro de 2010, da Dirección Xeral de Cooperación Local, dáse publicidade á convocatoria de probas selectivas para o acceso á categoría superior da subescala de intervención tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal efectuada pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante Resolución do 20 de xaneiro de 2011, do director xeral de Administración Local, aprobouse a relación provisional de admitidos e excluídos ás devanditas probas con indicación das causas de exclusión, e fixouse un prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para formular as alegacións que considerasen oportunas.

Mediante Resolución do 20 de maio de 2011, do director xeral de Administración Local, aprobouse a lista definitiva de admitidos ao proceso selectivo, a data do exame e designouse a composición do tribunal cualificador do devandito proceso.

Mediante Resolución do 22 de xuño de 2011, do director xeral de Administración Local, fíxose público o nomeamento dun novo membro do tribunal que xulgará o proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Mediante Resolución do 10 de outubro de 2011, do director xeral de Administración Local, fíxose pública a listaxe de convocados ao exame non eliminatorio de avaliación e coñecemento da lingua galega.

Revisada a documentación achegada polos opositores relativa ao coñecemento da lingua galega e realizado o exercicio non eliminatorio de avaliación e coñecemento da lingua galega.

Realizado o exame práctico do devandito proceso selectivo e tendo en conta o disposto no parágrafo 3.º da base II.4.1, esta dirección xeral, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 15.1.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, en relación coa Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias,

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as notas do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Segundo. Os aspirantes aprobados disporán, ao abeiro do disposto na base II.4.1 da convocatoria, dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da devandita relación, para a acreditación dos correspondentes méritos autonómicos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá interporse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2.º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1.º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2011.

P.D. (Orde do 22.9.2011; DOG n.º 194, do 10 de outubro)
José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO

DNI

Nota exame práctico

Puntuación coñecemento galego

Puntuación total

Canzobre Méndez, María del Pilar

32836185M

24

9

33

Gómez Corbal, Olga

36130358A

24

9

33

Gracia Santuy, Sebastián

18007088C

30

0

30

Marín Gracia, Marta

32823479H

20

8

28

Marqués Parrilla, María Elisa

32685426B

20

8

28

Moreno López, Justo

09177845V

20

4

24

Presas Beneyto, Jaime

32825403X

22

9

31

Rico Belda, Paula

44863608S

20

0

20

Rodríguez Pérez, Sergio

36133344E

25

8

33

Rodríguez Tourón, María Belén

33297598S

20

10

30

Rueda de Valenzuela, José Antonio

44080428P

20

0

20

Vázquez Parga, Luis Ramón

33328308C

23

10

33

Vidal Zapatero, Jorge Manuel

32831633F

24

9

33