Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2011 Páx. 36342

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

DECRETO 226/2011, do 7 de decembro, polo que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo. No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais, que serán todos eles nomeados por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

O Decreto 227/1995, do 20 de xullo, no artigo 10, determina entre os vogais representantes do Consello de Administración un (1) en representación da Consellería de Industria e Comercio, actual Consellería de Economía e Industria (Decreto 89/2009, do 21 de abril), e no artigo 10.3 do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, que estes serán nomeados polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta dos respectivos conselleiros.

Xa que logo, recibida da Consellería de Economía e Industria, a proposta de cesamento, por pase a outro destino, do actual representante desa consellería no Consello de Administración do ente público, e a proposta de novo vogal, por proposta da conselleira do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de decembro de dous mil once,

DISPOÑO:

O nomeamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia en representación da Consellería de Economía e Industria:

– Borja Verea Fraiz.

Santiago de Compostela, sete de decembro de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa M.ª Quintana Carballo
Conselleira do Mar