Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2011 Páx. 36341

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

DECRETO 225/2011, do 7 de decembro, polo que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do Regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo. No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais, que serán todos eles nomeados por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica, que serán nomeados por proposta dos respectivos conselleiros.

Entre as causas de cesamento, o devandito artigo 10 do Regulamento do ente público Portos de Galicia no seu número 8 establece, entre outras, a perda da condición que habilitou o vogal para ser proposto, ou a proposta de cesamento emanada do presidente, por iniciativa propia ou das institucións, corporacións, ou organismos que propuxeron o nomeamento.

Xa que logo, recibida da Consellería de Economía e Industria a proposta de cesamento, por pase a outro destino, do actual representante desa consellería no Consello de Administración do ente público, vista a proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, por proposta da conselleira do Mar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de decembro de dous mil once,

DISPOÑO:

O cesamento como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación da Consellería de Economía e Industria, agradecéndolle os servizos prestados:

– José Riesgo Boluda.

Santiago de Compostela, sete de decembro de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar