Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2011 Páx. 35774

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2011 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o ano 2012 das bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas.

Mediante Resolución do 31 de xaneiro de 2011 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á internacionalización das empresas galegas e procedeuse á súa convocatoria para o exercicio 2011 (DOG n.º 22, do 2 de febreiro de 2011).

Na dita resolución, no seu número cuarto, establécese a súa dotación orzamentaria, e no seu número quinto establécese que o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo da declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Tendo en conta o volume de solicitudes recibidas e tratando de dar resposta á ampla demanda de axuda, semella oportuno incrementar o importe aprobado para as axudas establecidas nestas bases.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Amplíase en 1.000.000 de euros para o exercicio 2012 o crédito establecido na partida orzamentaria 40.01-E3/10/01-651700 para as bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas (DOG n.º 22, do 2 de febreiro de 2011).

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2011.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica