Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2011 Páx. 35775

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2011 pola que se lle dá publicidade á redistribución dos créditos das axudas para o Programa de apoio ao acceso ao financiamento para circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-Solve +).

Mediante Resolución do 21 de setembro de 2010 publicouse o Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas do Igape para o Programa de apoio ao acceso ao financiamento para circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-Solve +) (DOG número 182, do 21 de setembro).

Así mesmo, mediante Resolución do 27 de xaneiro de 2011 déuselle publicidade ao Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou a modificación das bases reguladoras das axudas do Igape para o Programa de apoio ao acceso ao financiamento para circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-Solve +) (DOG número 23, do 3 de febreiro) e por Resolución do 8 de febreiro de 2011 (DOG número 32, do 16 de febreiro), convocáronse para o ano 2011 as axudas conforme o citado programa e os créditos dispoñibles para o efecto.

O prazo de presentación de solicitudes rematou o 15 de setembro de 2011 para as solicitudes na entidade financeira por parte do solicitante e o 14 de outubro de 2011 para a presentación das entidades financeiras no Igape.

Tendo en conta as solicitudes presentadas, faise necesaria a redistribución dos créditos de acordo coas necesidades derivadas das ditas solicitudes. Por tanto, e conforme as facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os créditos das axudas para o Programa de apoio ao acceso ao financiamento para circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-Solve +) (DOG número 182, do 21 de setembro de 2010, e DOG número 23, do 3 de febreiro de 2011) e convocadas mediante Resolución do 8 de febreiro de 2011 (DOG número 32, do 16 de febreiro), que quedan establecidos do seguinte xeito:

Partida orzamentaria

2011

2012

20.02-E5/10/01-656

742.925,00 €

229.188,54 €

20.02-E5/10/11-656

62.200,00 €

0,00 €

20.02-E5/10/12-656

23.800,00 €

0,00 €

20.02-E5/40/02-142

371.698,20 €

150.188,26 €

O director xeral do Igape, como consecuencia de posibles desistencias, poderá redistribuír as partidas sen ampliar os créditos.

Segundo. Esta modificación entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2011.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica