Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2011 Páx. 35765

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2011 pola que se convoca un curso básico de capacitación para a categoría de policía dos corpos de policía local.

Dentro das actividades programadas para o ano 2012, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase o desenvolvemento dun curso básico de capacitación para a categoría de policía dentro dos corpos de policía local, segundo o previsto no artigo 35.2 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación das policías locais, e no artigo 16 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Dotar os policías dunha formación teórico-práctica de carácter inicial, específica para as funcións propias dos corpos de policía local, facilitándolles a competencia e capacidade necesarias para o posterior desempeño da súa actividade profesional.

Destinatarios/as.

O curso vai dirixido a todas aquelas persoas que superaron as correspondentes probas de acceso á categoría de policía dos diferentes concellos de Galicia.

Inscrición.

A inscrición é gratuíta.

A academia procederá a reservar definitivamente a correspondente praza segundo a comunicación da inscrición por parte do concello de procedencia.

Prazas.

Sen límite.

Solicitudes.

1. Os concellos deberán remitir un escrito á Academia Galega de Seguridade Pública solicitando as correspondentes prazas de reserva, con indicación das persoas que superaron as correspondentes probas de oposición á categoría de policía.

2. O prazo para a remisión de escritos rematará o día 31 de decembro de 2011.

3. Os escritos deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada. Previamente remitiranse por fax (886 20 61 22) para axilizar os correspondentes trámites.

Contido e duración do curso.

O curso desenvolverase na Academia Galega de Seguridade Pública, en sesións de mañá e tarde, de luns a venres, e nel trataranse entre outros os seguintes módulos:

– Xurídico.

– Policía de tráfico.

– Operativo.

– Asistencial.

– Técnico.

– Policía administrativa.

– Social-humanístico.

– Policía xudicial e de investigación.

– Formación física.

O curso terá unha duración de nove meses, seis meses de formación teórica na academia e tres meses de prácticas nos respectivos concellos de procedencia.

Desenvolvemento do curso.

O alumnado da Academia Galega de Seguridade Pública durante o seu período de permanencia nela rexerase polo regulamento de réxime interior desta, publicado por Orde do 4 de febreiro de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no DOG núm. 30, do 12 de febreiro.

Datas e horario.

O curso, de carácter teórico, desenvolverase na Academia Galega de Seguridade Pública do 16 de xaneiro ao 13 de xullo de 2012.

O período de prácticas nos concellos comezará o 14 de xullo e rematará o 14 de outubro de 2012.

Certificado.

De acordo co previsto no artigo 19 de Decreto 243/2008, do 16 de outubro, de desenvolvemento da Lei 4/2007, unha vez superado o curso e o período de prácticas, a AGASP emitirá un informe certificando a dita superación, de maneira que o concello de pertenza poida proceder ao nomeamento como persoal funcionario de carreira e á toma de posesión na categoría de policía.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Tramitación do expediente.

Esta convocatoria tramítase como expediente anticipado de gasto polo que os actos derivados dela quedan condicionados á existencia de crédito axeitado e suficiente nos orzamentos do exercicio 2012, en trámite parlamentario, de acordo co disposto no punto 3.º in fine, da Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG n.º 231, do 29 de novembro), pola que se modifica a Orde do 11 de febreiro de 1998 (DOG n.º 34, do 19 de febreiro), sobre tramitación anticipada de gasto.

A Estrada, 24 de novembro de 2011.

José Carlos García Bouzas
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública