Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2011 Páx. 35647

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 22 de novembro de 2011 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, e pola Lei 33/2010, do 5 de agosto, no seu artigo 40 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

Por proposta do presidente do ente público Portos do Estado, o nomeamento como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña de Ana M.ª García López.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2011.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar