Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2011 Páx. 35154

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social do exercicio 2010 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido na norma 7.3 dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social da Xunta de Galicia para o exercicio económico do ano 2010, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia do 13 de xaneiro de 2011 e publicados por resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais do 1 de febreiro de 2011 (DOG número 27, do 9 de febreiro), o anuncio de exposición das listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Dado que nas listaxes preceptivas figuran datos de carácter identificativo, de características persoais, económicos ou de saúde protexidos pola Lei orgánica 15/1995, do 13 de decembro, cuxa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade dos/as solicitantes ou dos/as causantes das axudas, cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Dando cumprimento ao prescrito, esta dirección xeral, transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 5 de outubro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 195, do 11 de outubro) e unha vez concluídos os traballos de revisión das reclamacións presentadas,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do fondo de acción social do exercicio 2010.

Segundo. Facer públicas as listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social do exercicio 2010 na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS

Para o coñecemento íntegro do acto, os/as solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e máis o código de impresión da súa solicitude.

Terceiro. Contra esta resolución poderán os/as interesados/as interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2011.

Jose M.ª Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo de axuda

Entradas

Aprobadas

Denegadas

Importe euros

1. Xubilación

1.364

369

995

937.635,96

2. Discapacitados

1.002

821

181

1.258.145,94

3. Fillos menores

7.140

6.902

238

1.782.338,53

4. Est. por fillos

19.161

17.677

1.484

2.414.837,26

5. Est. traballador

1.828

1.547

281

344.800,00

6. Vivenda

731

551

180

896.992,00

7. Maiores a cargo

1.645

1.424

221

901.147,31

8. Gtos. sanitarios

6.405

5.710

695

600.495,00

Total

39.276

35.001

4.275

9.136.392,00