Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2011 Páx. 35028

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2011 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 1 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, así como de videoclips, e se convocan para o ano 2011.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/1997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.A1.432B.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2011 e 2012, convocadas pola Resolución do 1 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, así como de videoclips, e se convocan para o ano 2011 (DOG núm. 63, do 30 de marzo de 2011).

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2011.

Roberto Varela Fariña
Presidente do Consello de Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais

Anexo

Relación de subvencionados ao abeiro da Resolución do 1 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, así como de videoclips, e se convocan para o ano 2011.

Proxecto

Beneficiario

Modalidade

Total
concedido

Concedido 2011

Concedido 2012

Ínsula

Filmika Galaika, S.L.

A

12.000,00 €

3.600,00 €

8.400,00 €

La zanja

Producciones Vigo, S.L.

A

6.881,15 €

2.064,35 €

4.816,81 €

Morti

Continental Producciones, S.L.

B

25.000,00 €

7.500,00 €

17.500,00 €

Cousas de meigas

Firmist Animación, S.L.

B

22.764,09 €

6.829,23 €

15.934,86 €

O xigante

Ábano Producións, S.L.

B

22.852,76 €

6.855,83 €

15.996,93 €

Rip rip hurra

Hachedevisual, S.L.

C

10.000,00 €

3.000,00 €

7.000,00 €

Eixos

Fungo, S. Coop. Galega

C

4.446,50 €

1.333,95 €

3.112,55 €

Barca bela

Miguel de la Peña Santos

D

4.000,00 €

1.200,00 €

2.800,00 €

Alala do vikingo

Sons Galiza Comunicación, S.L.

D

3.565,22 €

1.069,57 €

2.495,65 €

Videoclip shame on us

Hachedevisual, S.L.

D

3.478,26 €

1.043,48 €

2.434,78 €

Modalidade A: curtametraxe en soporte cinematográfico.

Modalidade B: curtametraxe de animación en soporte cinematográfico.

Modalidade C: curtametraxe en soporte dixital.

Modalidade D: videoclips.