Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2011 Páx. 34866

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas no marco do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 12.04.322C.472.6, 12.04.322C.481.1 e 12.04.322C.481.3 ao abeiro da Orde do 26 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Este programa é cofinaciable nunha porcentaxe do 80%, no tema prioritaro 71 do eixo 2 do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

Convocatoria: Orde do 26 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (Diario Oficial de Galicia número 106, do 7 de xuño).

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2011.

Andrés Hermida Trastoy
Director xeral de Promoción do Emprego

ANEXO
Incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL)

Entidade beneficiaria

Concedido (2010)

Aplicación orzamentaria

Asociación Plataforma polo Emprego

3.785,85

12.04.322C.481.3-201000796

Eil Cormo Integral, S.L.

11.135,45

12.04.322C.472.6-201000796

Eil Grupo Dill, S.L.

18.000,00

12.04.322C.472.6-201000796

Eil Insergal, S.L.

5.813,36

12.04.322C.472.6-201000796

Eil Servicios Comunitarios de Galicia-Sercoga

8.240,57

12.04.322C.472.6-201000796

Workandpeople Eil, S.L.

6.430,16

12.04.322C.472.6-201000796