Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2011 Páx. 34426

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 10 de novembro de 2011 pola que se nomean novos vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación.

De acordo co establecido no número 5 do artigo 11 do Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, modificado polo Decreto 90/2011, do 5 de maio, os vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento serán nomeados e separados polo titular do departamento competente, logo da proposta das entidades con representación naquel, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia, e desempeñarán os seus cargos por un período de catro anos.

Mediante a Orde do 3 de xullo de 2009 (DOG do 13 de xullo) nomeáronse os vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación. Téndose producido unha renovación dos órganos de representación dos axentes de cooperación, procede modificar a composición do Consello.

Polo tanto, vistas as propostas de nomeamento formuladas polos axentes de cooperación para o desenvolvemento e de acordo co disposto no número 5 do artigo 11 do Decreto 326/2004, do 29 de decembro, modificado polo Decreto 90/2011, do 5 de maio.

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Separar como vogais, titulares e suplentes, do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación, pola renovación dos seus órganos de representación, a:

José Luis Quintela Julián.

Xosé M.ª Torres Bouza.

Francisco Vallverdú Baena.

Juan María Redondo Abelenda.

Ángel Bañobre González.

Estela Mouriño Senande.

Rosa Gómez-Reino.

María Paz Gutiérrez.

José Luis Presedo Díaz.

Antón González Artiaga.

Xulio Ríos Paredes.

Alfredo Novoa Gil.

Agradécenselles a todos/as eles/as os servizos prestados.

2. Nomear como vogais, titulares e suplentes, do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación:

• Pola Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento.

– Titulares:

Gema Filgueira Garrido.

María Paz Gutiérrez.

Judith Jeannette Sing Jackson.

Laura del Río Quiroga.

Emanuele Lini.

-Suplentes:

Francisco Solano Raigón.

María del Carmen Alborés Maceira.

José Manuel Pérez Otero.

Raúl Besada Vázquez.

Ana Belén Liñares Castro.

• Polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

– Titular: Teresa París Blanco.

– Suplente: Pilar Gallego Cid.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza