Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2011 Páx. 33893

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 9 de novembro de 2011 pola que se amplía o crédito da Orde do 21 de decembro de 2010 pola que se convocan para o ano 2011, en réxime de concorrencia competitiva, axudas á paralización definitiva das actividades pesqueiras dos buques pesqueiros cofinanciadas co FEP, tramitada como anticipado de gasto para os buques que estean afectados polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro Cantábrico-Noroeste.

A Orde do 21 de decembro de 2010 pola que se convocan para o ano 2011, en réxime de concorrencia competitiva, axudas á paralización definitiva das actividades pesqueiras dos buques pesqueiros cofinanciadas co FEP, tramitada como anticipado de gasto para os buques que estean afectados polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do cantábrico-noroeste (DOG núm. 249, do 29 de decembro de 2010), establece no seu artigo 2 o crédito orzamentario para a concesión das devanditas axudas na convocatoria do ano 2011.

Considerando a ampla demanda de solicitudes presentadas en relación co número das axudas concedidas e considerando que un dos eixes da política pesqueira común é axeitar os recursos dispoñibles á capacidade da frota pesqueira. Tendo en conta, ademais, que o artigo 2 punto 2 da orde antes citada, permite incrementar o crédito da orde sen que iso dea lugar a un novo prazo de presentación de solicitudes, procede ampliar o crédito orzamentario para a concesión de axudas á paralización definitiva na convocatoria ao abeiro da devandita orde.

Por todo o anterior e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Amplíase o importe da contía das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2010 en 3.281.099,59 euros, con cargo á aplicación 14.02.723A.770.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011. Esta modificación non dá lugar a un novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única.

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2011.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar