Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 17 de novembro de 2011 Páx. 33709

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2011 pola que se publica a concesión de axudas dirixidas a entidades de acción voluntaria e a concellos e mancomunidades de municipios enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil.

Pola Orde do 12 de abril de 2011 regúlanse as bases que rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a concellos e mancomunidades de municipios enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil para o ano 2011. As subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 2011.12.07.312F.460.0 (proxecto 2011 00569), por un importe de 33.850 euros (trinta e tres mil oitocentos cincuenta euros) para concellos e mancomunidades de municipios e para as entidades de acción voluntaria á aplicación 2011.12.07.312F.481.0 (proxecto 2011 00570), por importe de 54.786,67 euros (cincuenta e catro mil setecentos oitenta e seis con sesenta e sete euros).

En virtude das competencias da Consellería de Traballo e Benestar, atribuídas polo Decreto 8/2011, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia e o Decreto 335/2009, do 11 de xuño, modificado polo Decreto 9/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar e de acordo co disposto no artigo 9.1 da Orde do 12 de abril de 2011 e co artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas a entidades de acción voluntaria e a concellos e mancomunidades de municipios enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil para o ano 2011, mediante Resolución do 14 de setembro de 2011, do director xeral de Xuventude e Voluntariado, por delegación da conselleira de Traballo e Benestar, segundo o disposto na disposición adicional primeira da Orde do 12 de abril de 2011. A relación de subvencións concedidas figuran como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2011.

P.D. (Orde 12.4.2011)
Ovidio Rodeiro Tato
Director xeral de Xuventude e Voluntariado

Anexo I
Concesión de axudas enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil para o ano 2011

Entidades de acción voluntaria

N.º

Entidade beneficiaria

Provincia

Cantidade concedida

1

Asociación Alcer Coruña-Para A Loita Contra As Enfermidades do Ril

A Coruña

1.800,00 €

2

Fundación Ronsel

A Coruña

1.800,00 €

3

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

A Coruña

800,00 €

4

Asociación Viraventos

A Coruña

720,00 €

5

Asociación de Dano Cerebral de Compostela-Sarela

A Coruña

1.290,00 €

6

Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia-Aspronaga

A Coruña

720,00 €

7

Asociación de Disminuidos Psíquicos Amicos do Barbanza

A Coruña

1.800,00 €

8

Fundación Formación e Xestion Galega

A Coruña

660,00 €

9

Asociación Xuvenil Cultural Deportiva e de Promoción da Saúde Integr@Dos

A Coruña

1.800,00 €

10

Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros, Adisbismur

A Coruña

1.200,00 €

11

Asociación Raíña Lupa

A Coruña

580,00 €

12

Asociación Xuvenil Acción Voluntaria

A Coruña

1.320,00 €

13

Confederacion Galega de Persoas con Discapacidade-Cogami

A Coruña

540,00 €

14

Asociación Mestura para la Integración Social de los Inmigrantes y Emigrantes

A Coruña

1.800,00 €

15

Asociación de Veciños Campo da Rula de Sendelle

A Coruña

1.590,00 €

16

Asociación de Mulleres Rurais Anduriña de Boimorto

A Coruña

430,00 €

17

Fundación Amigos de Galicia

A Coruña

1.290,00 €

18

Agrupación Folklórica Santiaguiños

A Coruña

1.290,00 €

19

Asociación de Persoas Xordas de Lugo

Lugo

690,00 €

20

Asociación para a Promoción de Minusválidos Psíquicos da Limia-Limisi

Ourense

1.200,00 €

21

Asociación Amigos da Terra Galicia Xuventude

Ourense

750,00 €

22

Asociación Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas

Ourense

860,00 €

23

Asociación Xuvenil Amencer

Ourense

960,00 €

24

Asoc. Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos

Ourense

1.610,00 €

25

Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valadares

Pontevedra

1.350,00

26

Fundación Secretariado General Gitano

Pontevedra

540,00 €

27

Asociación Acción Solidaria de Galicia-Asdegal

Pontevedra

930,00 €

28

Comunidad de Montes Veciñais Man Comun de Valadares

Pontevedra

1.350,00 €

29

Asociación Lar Pro Salud Mental

Pontevedra

1.050,00 €

Total

32.720,00 €

Concellos e mancomunidades de municipios

N.º

Beneficiario

Provincia

Cantidade concedida

1

Concello de Ribeira

A Coruña

1.260,00 €

2

Concello de Porto do Son

A Coruña

1.020,00 €

3

Concello de Ponteceso

A Coruña

880,00 €

4

Concello de Vedra

A Coruña

1.320,00 €

5

Concello das Pontes de García Rodríguez

A Coruña

600,00 €

6

Concello de Boqueixón

A Coruña

620,00 €

7

Concello de Padrón

A Coruña

1.140,00 €

8

Concello de Sarria

Lugo

480,00 €

9

Concello de Viveiro

Lugo

450,00 €

10

Concello de Rairiz de Veiga

Ourense

1.800,00 €

11

Concello de Verín

Ourense

1.290,00 €

12

Concello de Manzaneda

Ourense

1.800,00 €

13

Concello da Gudiña

Ourense

1.800,00 €

14

Concello do Carballiño

Ourense

1.050,00 €

15

Concello de Piñor

Ourense

800,00 €

16

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria de Concellos do Ribeiro

Ourense

1.260,00 €

17

Concello de Xunqueira de Ambía

Ourense

1.800,00 €

18

Concello de Cenlle

Ourense

1.200,00 €

19

Concello de Sarreaus

Ourense

1.800,00 €

20

Concello de Vigo

Pontevedra

930,00 €

21

Concello de Cambados

Pontevedra

1.080,00 €

Total

24.380,00 €