Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 15 de novembro de 2011 Páx. 33302

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 210/2011, do 27 de outubro, polo que se aproba o cambio de titularidade da estrada provincial OU-0553 Besteiros-Turzabella a prol do concello da Peroxa.

A teor do previsto no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón, no artigo 54, que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas nos que a circulación adquira características urbanas, se lles entregarán aos respectivos concellos. O expediente promoverase por proposta do concello ou da administración titular da estrada e será resolto polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, logo de informe de ambos organismos.

O concello da Peroxa solicita á Deputación Provincial de Ourense o cambio de titularidade da estrada OU-0553 Besteiros-Turzabella.

Ao abeiro das previsións legais, o Pleno da Corporación Provincial de Ourense acordou o cambio de titularidade a prol do Concello da Peroxa da estrada OU-0553 Besteiros-Turzabella.

Polo exposto, consonte o previsto na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, tras o acordo entre as administracións afectadas, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de outubro de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Apróbase o cambio de titularidade a prol do concello da Peroxa da estrada OU-0553 Besteiros-Turzabella.

Artigo 2.

En aplicación do artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, as entidades locais no marco das súas competencias, e de acordo cos correspondentes plans de estradas, aprobarán a relación de estradas da súa titularidade. De acordo co exposto, o Concello da Peroxa deberá incorporar ao seu Plan de Estradas a vía a que se refire este decreto.

Artigo 3.

A entrega da vía formalizarase no prazo dos dous meses seguintes ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4.

Correspóndelle ao concello da Peroxa, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía; así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

Disposición derradeira.

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e sete de outubro de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas