Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 9 de novembro de 2011 Páx. 32710

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 2 de novembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 12 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2011 e 2012 de programas integrados para o emprego.

A Orde do 12 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2011 e 2012 de programas integrados para o emprego, establece no seu artigo 2 que o financiamento das axudas previstas nela se fará con cargo aos créditos dos programas: 12.05.322B.460.2 e 12.05.322B.481.2, código de proxecto 2002 14 460, polos importes de 826.250 euros e 1.421.950 euros, respectivamente na anualidade 2011 e 578.375 euros e 995.365 euros respectivamente na anualidade 2012, correspondentes a fondos finalistas transferidos.

As contías de futuros sinaladas son insuficientes para completar as subvencións correspondentes ao ano 2012 polo que, tendo en conta que a devandita orde establece que os importes fixados nas aplicacións previstas nela poderán ser incrementados ou minorados en función das solicitudes que se presenten e das axudas e subvencións que efectivamente se concedan, coas limitacións que poidan establecerse na Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou nas disposicións aplicables ás axudas e subvencións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, ao abeiro do disposto no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; cómpre ampliar o importe dos créditos de futuros.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas, logo da aprobación polo Consello da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Amplíase o importe do límite dos compromisos orzamentarios para o ano 2012 fixados na Orde do 12 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2011 e 2012 de programas integrados para o emprego, nas seguintes aplicacións orzamentarias e contías:

12.05.322B.460.2 2002 14 460 247.875,00 euros.

12.05.322B.481.2 2002 14 460 674.460,00 euros.

Artigo 2.

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2011.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar