Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 7 de novembro de 2011 Páx. 32413

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

CORRECCIÓN de erros. Orde do 5 de outubro de 2011 pola que se modifica a Orde do 10 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a incentivar o turismo de aventura, actividades de lecer e tempo libre, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Advertidos erros na orde mencionada, publicada no Diario Oficial de Galicia do 19 de outubro de 2011, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 30588, cómpre un cambio de orde na numeración dos parágrafos 2 e 3.

Na páxina 30588 elimínase: «Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario terá de prazo ata o 30 de decembro de 2011 para presentar nos lugares sinalados no artigo 3 da convocatoria a documentación».

Na páxina 30589 elimínase: «xustificativa xenérica para todas as liñas de actuación e a específica segundo a liña de axuda subvencionada:

– Documentación xenérica para todas as liñas de actuación.

a) Solicitude de cobramento segundo o modelo do anexo V.

b) Facturas que deberán especificar a que concepto corresponden segundo o investimento que serviu de base para a concesión da subvención, xunto coas certificacións bancarias ou, no seu defecto, copias das ordes de transferencia, que xustifiquen o seu pagamento.

c) Certificados expedidos polos organismos competentes acreditativos de estar ao día nas obrigas tributarias coas facendas do Estado e da comunidade autónoma, así como nas obrigas coa Seguridade Social e de non ter ningunha débeda pendente por ningún concepto con ningunha Administración pública. Non obstante, a presentación da solicitude de subvención comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

d) Declaración actualizada de conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a actividade obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades. Farase mención expresa sobre calquera outra axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. Pode utilizarse actualizado o anexo III: modelo de declaracións.

e) Declaración responsable onde se recollan expresamente os compromisos a que se fai referencia no artigo 15 das bases reguladoras. Pode utilizarse actualizado o anexo III: modelo de declaracións.

– Documentación específica segundo a liña de actuación solicitada.

Liña C) Liña de mellora dos establecementos e da calidade turística.

– No caso de certificación de calidade Q, documento acreditativo de certificación emitido polo ICTE».

Na páxina 30590 elimínase: «2. O investimento xustificado ten que coincidir coa resolución de concesión da subvención, ou as modificacións autorizadas. De non xustificarse o investimento executado quedará anulada toda a subvención, non obstante, se a xustificación fose inferior ao investimento previsto, sempre que se manteña a finalidade da subvención, minorarase a concesión proporcionalmente ao investimento non xustificado e, para o caso de que o executado non cumprise o fin para o que se concedeu a subvención, quedaría anulada na súa totalidade.

3. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso o conselleiro ditará a oportuna resolución, nos termos do artigo 42.1.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».