Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32184

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2011 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 23 de xuño de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 125, do 30 de xuño).

O artigo 10 da Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, sinala que o tribunal fará públicas e elevará á Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública a relación dos/as aspirantes declarados/as aptos/as, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto, e facendo uso das competencias que me foron concedidas,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron as probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, que se xunta como anexo a esta resolución.

Segundo. Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, solicitude axustada ao modelo oficial, xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Terceiro. Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, tal e como establecen os artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Estrada, 25 de outubro de 2011.

José Carlos García Bouzas
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Acosta Cantero, Daniel

Alonso Barreiro, Diego

Barbera Iglesias, Francisco

Bastos Alcántara, Deivisson

Borjas Vivas, Hernan Henry

Botero Escobar, Camilo Alonso

Calderón Gándara, Enrique

Campos Posada, Ignacio de Loyola

Canda González, José Ramón

Carbajosa López, Ángel

Cardoso dos Santos, Ronny Erickson

Conde Bande, Juan Luis

Correa Martins, Paula

Costas Costas, Rafael

Couñago Fernández, José

Curros Ferro, José Manuel

Díaz Coro, Daniel

Díaz Villadoniga, Manuel Andrés

Díaz Villadoniga, Sonia María

Esteves Esteves, Manuel Justino

Expósito Iglesias, Marcos

Fernández Reija, Pablo

Fernández Sánchez, Ricardo

Ferro Álvarez, Daniel

Galmán Basadre, Fernando

García Iglesias, Iván

García Rodríguez, Víctor

Gayoso Fernández, Alberto Alexandre

González Copero, Juan Carlos

González Diz, Aarón

Granja Montaño, Fredy Antonio

Grasso Brea, Hugo

Iliev Iliev, Ivo Ivanov

Kvaratskhelia, Iuri

Lago Míguez, Marcos Antonio

Lagos Guzmán, Miguel Ángel

Loureiro Durán, Joaquín

Martínez Fonseca, Daniel

Menéndez Rodríguez, Yuriel

Mihaylov Borisov, Aleksandar

Miragaya Sánchez, Alfredo

Nieto Bogo, Miguel Ángel

Otero González, Iván

Otero Lago, Roberto Plácido

Ouro Rivas, Antonio

Peláez Lamas, Jesús Vicente

Pérez Alonso, Alfonso

Presa Costas, Juan Antonio

Redondo Fernández, José Ángel

Rey Portilla, Carlos

Ríos Rego, Fernando

Rivas Granda, Sonia

Rodríguez Lorenzo, Diego

Silne Beldo, Emilio Antonio

Silvera Cardezo, Hugo Fabián

Suárez Prado, Alberto

Vila Seara, Miguel Ángel

Vilariño Vilas, José Luis

Vila Adeguer, Borja

Yagoub, Nassereddine