Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32191

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 31 de outubro de 2011 polo que se fai pública a composición da Comisión de Radio e Televisión con motivo das eleccións xerais convocadas polo Real decreto 1329/2011, do 26 de setembro.

A Xunta Electoral Provincial, en sesión do 31 de outubro de 2011, acordou a publicación da composición da Comisión de Radio e Televisión a que se refire o artigo 65 da LOREX, á cal corresponde, baixo a dirección desta xunta, efectuar a proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública, en relación coas eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado que terán lugar o próximo 20 de novembro.

Unha vez que aceptaron os cargos dos representantes designados por cada formación política que, concorrendo ás referidas eleccións, ten representación no Congreso dos Deputados, a composición da Comisión de Radio e Televisión é a seguinte:

Ana Isabel Peón Piñeiro (Partido Popular): vogal presidenta.

Francisco José Suárez Fernández (Partido dos Socialistas de Galicia PSdeG-PSOE): vogal secretario.

Gonzalo Henrique Castro Prado (Bloque Nacionalista Galego): vogal.

A Coruña, 31 de outubro de 2011.

Manuel Ferreiro González
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña