Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32192

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 31 de outubro de 2011 polo que se fai pública a distribución de espazos gratuítos nos medios de comunicación de titularidade pública a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións xerais convocadas polo Real decreto 1329/2011, do 26 de setembro, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día 31 de outubro e aprobada por esta xunta electoral no mesmo día.

En cumprimento do previsto na Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da XEC, de interpretación do artigo 66 da LOREX no relativo ás garantías de respecto aos principios de pluralismo, igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa polos medios de comunicación en período electoral, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de que, por acordo desta xunta electoral provincial do día da data, foi aprobada a proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día 31 de outubro a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado que teñen dereito a espazos gratuítos de propaganda electoral.

As entidades políticas que se consideren afectadas poden examinar a dita proposta e os seus antecedentes na Secretaría desta xunta, no prazo preclusivo do día seguinte ao da publicación do acordo, e formular ante esta xunta electoral, dentro do mesmo prazo, o recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 31 de outubro de 2011.

Manuel Ferreiro González
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña