Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 3 de novembro de 2011 Páx. 32165

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 19 de outubro de 2011 pola que se regulan determinados ficheiros de datos de carácter personal existentes no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE n.º 298, do 14 de decembro), regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soportes físicos, que os faga susceptibles de tratamento, así como toda modalidade de uso posterior destes datos polos sectores público e privado. A finalidade desta regulación é garantir e protexer as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente a súa honra e intimidade persoal e familiar.

No artigo 20 da dita lei disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderá facer por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente, e establece no seu punto segundo as indicacións concretas que deben constar nas disposicións de creación e modificación daqueles.

En consecuencia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6.º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto.

Mediante esta orde créanse e suprímense os ficheiros de carácter persoal existentes no Instituto Galego da Vivenda e Solo que se especifican nos anexos I e II.

Artigo 2. Contido.

A información exixida no artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e no artigo 54 do seu regulamento asociado, aprobado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, para as disposicións de creación, modificación e supresión de ficheiros, está contida nos anexos I e II desta orde.

Artigo 3. Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros do Instituto Galego da Vivenda e Solo regulados por esta orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos e declarados no anexo I e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4. Cesión de datos.

Os datos só serán cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei e nos declarados no anexo I. No suposto de cesión de datos ás administracións públicas, haberá que aterse ao disposto na normativa vixente respecto a esta materia.

Artigo 5. Órgano responsable dos ficheiros.

A responsabilidade sobre os ficheiros regulados por esta orde correspóndelle ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

No anexo I detállase a unidade ante a cal se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan nos ficheiros.

Artigo 6. Nivel de protección e medidas de seguridade.

Os ficheiros creados por esta orde atópanse clasificados atendendo ao disposto no artigo 80 e seguintes do regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, aprobado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro. No anexo I aparece a clasificación (nivel básico, medio ou alto) dos ficheiros creados baixo esta orde.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas técnicas, de xestión e organización que sexan necesarias para asegurar a confidencialidade e integridade dos datos, así como as conducentes a facer efectivas as garantías, obrigas e dereitos recoñecidos na Lei orgánica 15/1999 e nas súas normas de desenvolvemento.

Artigo 7. Supresión de ficheiros.

No anexo II desta orde relaciónanse aqueles ficheiros para os cales será solicitada a súa supresión ao Rexistro da Axencia de Protección de Datos. O órgano responsable destes ficheiros establece no anexo II o destino que se lles vai dar aos datos ou, de ser o caso, as previsións que se adopten para a súa destrución.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2011.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO I
Ficheiros de nova creación

Denominación do ficheiro

Relacións informativas coa cidadanía e con entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión de publicacións, procedementos administrativos que teñan como finalidade informar a cidadanía, xestión de queixas e suxestións

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes

Propietarios ou arrendatarios

Solicitantes

Procedemento de recollida de datos

Formularios papel, formularios web

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: NIF/DNI, nome e apelidos, enderezo, teléfono

Outros datos de carácter identificativo: correo electrónico, usuario acceso web

Datos de características persoais: data de nacemento

Sistema de tratamento

Tratamento mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Non se atopan previstas comunicacións ou cesións de datos

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas transferencias internacionais de datos a países terceiros

Órgano responsable do ficheiro

Instituto Galego de Vivenda e Solo

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Básico

Denominación do ficheiro

Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Procedemento administrativo, xestión sancionadora, concesión de axudas e subvencións

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns e residentes

Propietarios ou arrendatarios

Representantes legais

Solicitantes

Beneficiarios

Outros colectivos: adxudicatarios de vivendas de promoción pública, promotores de vivenda

Procedemento de recollida de datos

Formularios papel, formularios web

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Outras persoas físicas

Rexistros públicos

Administracións públicas

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Outros datos especialmente protexidos: orixe racial/étnica incluída na documentación e en informes sociais solicitados e que poden achegar os afectados, saúde (datos e certificación de discapacidade e outro tipo de datos de saúde incidentalmente incluídos na documentación, en informes sociais solicitados e en informes relativos a vítima de violencia de xénero que poden achegar os afectados)

Datos relativos á comisión de infraccións: infraccións penais (incidentalmente incluídos na documentación e informes relativos a vítima de violencia de xénero e sobre desafiuzamento xudicial que poden achegar os afectados), infraccións administrativas

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo, teléfono, sinatura/pegada, tarxeta sanitaria

Outros datos de carácter identificativo: correo electrónico, n.º de expediente, certificado de empadroamento e os que poidan vir incluídos nos diferentes expedientes, nas denuncias, queixas ou reclamacións

Datos de características persoais: datos de estado civil, datos familiares, data de nacemento, nacionalidade

Datos de circunstancias sociais: características vivenda/aloxamento, propiedades/posesións, licenzas/permisos, así como outros que poidan vir incluídos nos diferentes expedientes, nas denuncias, queixas ou reclamacións

Datos académicos e profesionais: formación/titulación, historial do estudante

Datos de información comercial: actividades e negocios

Datos de detalles de emprego: posto de traballo, historial de traballo, así como outros que poidan vir incluídos nas copias de contratos de traballo que acheguen os afectados

Datos económicos, financeiros e de seguros: ingresos/rendas, bens patrimoniais, créditos/préstamos/avais, datos bancarios, plans de pensións/xubilación, datos deducións impositivas/impostos, seguros, hipotecas, subsidios/beneficios

Datos de transaccións de bens e servizos: bens e servizos subministrados polo afectado (contratos de compra/venda de vivenda, contratos de alugamento de vivenda), bens e servizos recibidos polo afectado (ingreso taxas, depósito fianzas, recibos de consumo de auga/electricidade, contratos de compra/venda de vivenda, contratos de alugamento), transaccións financeiras (ingreso axudas), compensacións/indemnizacións

Outro tipo de datos: vítima de violencia de xénero, vítima de terrorismo, certificado de defunción, certificado de estar ao día das obrigas tributarias e pagamentos ante a Seguridade Social, Facenda e a Xunta de Galicia, datos relacionados coa inspección (data/hora, motivo, n.º de acta, conclusións da inspección), datos de desafiuzamento (n.º desafiuzamento, tipo, proposta, resolución)

Sistema de tratamento

Tratamento mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Órganos xudiciais

Facenda pública e Administración tributaria

Outros órganos da Administración do Estado (Ministerio de Vivenda)

Bancos, caixas de aforro e caixas rurais

Outros órganos da Administración local (servizos sociais, protección animal)

Outros órganos da Administración autonómica (servizos sociais, servizo menor, protección animal)

Forzas e corpos de seguridade (Policía local)

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas transferencias internacionais de datos a países terceiros

Órgano responsable do ficheiro

Instituto Galego da Vivenda e Solo

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Alto

Denominación do ficheiro

Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, con entidades e persoas terceiras

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión contable, fiscal e administrativa, contratación

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Empregados

Provedores

Propietarios ou arrendatarios

Representantes legais

Persoas de contacto

Beneficiarios

Outros colectivos: apoderados, notarios, persoal funcionario e laboral adscrito aos servizos da entidade

Procedemento de recollida de datos

Formularios papel, formularios web

Procedencia dos datos

O propio interesado ou seu representante legal

Outras persoas físicas

Entidade privada

Administracións públicas

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo, teléfono, sinatura/pegada

Outros datos de carácter identificativo: correo electrónico

Datos de características persoais: diferentes datos incidentalmente incluídos na documentación que poden achegar os afectados

Datos de circunstancias sociais: características de aloxamento/vivenda, propiedades/posesións

Datos de información comercial: diferentes datos incidentalmente incluídos na documentación que poden achegar os afectados

Datos económicos, financeiros e de seguros: créditos/préstamos/avais, datos bancarios, datos económicos de nómina dos empregados

Datos de transaccións de bens e servizos: bens e servizos subministrados polo afectado, bens e servizos recibidos polo afectado, transaccións financeiras (ingreso/depósito da fianza, devolución da fianza)

Outro tipo de datos: certificación acreditativa de cumprir coas obrigas tributarias e da Seguridade Social e non ter débedas de natureza tributaria coa Administración pública

Sistema de tratamento

Tratamento mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Facenda pública e Administración tributaria

Tribunal de Contas ou equivalente autonómico

Outros órganos da comunidade autónoma

Bancos, caixas de aforro e caixas rurais (devolución da fianza)

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas transferencias internacionais de datos a países terceiros

Órgano responsable do ficheiro

Instituto Galego da Vivenda e Solo

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Básico

Denominación do ficheiro

Recursos humanos

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Recursos humanos (xestión do persoal, formación do persoal, acción social a favor do persoal das administracións públicas, promoción e selección de persoal, oposicións e concursos, control horario, control de incompatibilidades, control de patrimonio de altos cargos), xestión nómina, prevención de riscos laborais, indemnización por razón de servizo

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Empregados

Outros colectivos: persoal funcionario e laboral adscrito aos servizos da entidade

Procedemento de recollida de datos

Formularios papel

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, n.º SS/mutualidade, n.º rexistro persoal, nome e apelidos, enderezo, teléfono

Datos de características persoais: datos de estado civil, data de nacemento, idade, sexo

Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesional

Datos de detalles de emprego: corpo/escala, categoría/grao, posto de traballo, datos non económicos de nómina, historial do traballador

Datos económicos, financeiros e de seguros: datos bancarios, plan de pensións/xubilación, datos económicos de nómina, datos de deducións impositivas/impostos

Datos de transaccións de bens e servizos: transaccións financeiras (pagamento de nómina)

Outros datos: datos de discapacidade (tramitación de nómina)

Sistema de tratamento

Tratamento mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Organismos da Seguridade Social

Facenda pública e Administración tributaria

Tribunal de Contas ou equivalente autonómico

Outros órganos da comunidade autónoma

Bancos, caixas de aforro e caixas rurais (pagamento de nómina)

Sindicatos e xuntas de persoal

Entidades aseguradoras

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas transferencias internacionais de datos a países terceiros

Órgano responsable do ficheiro

Instituto Galego da Vivenda e Solo

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Básico

Denominación do ficheiro

Actividades dirixidas á cidadanía

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Educación e cultura, formación, servizos sociais, outras finalidades

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns ou residentes

Propietarios e arrendatarios

Solicitantes

Beneficiarios

Procedemento de recollida de datos

Formularios papel

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Outras persoas físicas

Estrutura básica do ficheiro.

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo, teléfono, sinatura/pegada

Datos de características persoais

Datos de circunstancias sociais

Sistema de tratamento

Tratamento mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Non se atopan previstas comunicacións ou cesións de datos

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas transferencias internacionais de datos a países terceiros

Órgano responsable do ficheiro

Instituto Galego da Vivenda e Solo

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Básico

Denominación do ficheiro

Rexistros

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Procedemento administrativo, fins históricos, estatísticos ou científicos, outras finalidades

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Cidadáns ou residentes

Provedores

Propietarios e arrendatarios

Persoas de contacto

Solicitantes

Beneficiarios

Outros colectivos: profesionais da construción e das actividades de promoción da vivenda, profesionais vinculados aos contratos implicados na promoción pública de vivendas, adxudicatarios de vivendas de promoción pública, técnicos de vivenda

Procedemento de recollida de datos

Formularios papel

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Outras persoas físicas

Fontes accesibles ao público

Entidade privada

Administracións públicas

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo, teléfono, sinatura/pegada

Outros datos de carácter identificativo: correo electrónico, fax, n.º de expediente (expediente de excepcionalidade)

Datos de características persoais: datos de familia

Datos de circunstancias sociais: características de vivenda/aloxamento

Datos académicos e profesionais: titulacións/formación, experiencia profesional

Datos de detalle de emprego: posto de traballo

Datos de información comercial: actividades e negocios, licenzas comerciais

Económicos, financeiros e de seguros: ingresos/rendas, datos bancarios, datos deducións impositivas/impostos

Transaccións de bens e servizos: bens e servizos subministrados polo afectado, transaccións financeiras (pagamentos realizados)

Outro tipo de datos: datos relativos á entrada e saída de documentos, certificación acreditativa de cumprir coas obrigas tributarias e da Seguridade Social e non ter débedas de natureza tributaria coa Administración pública

Sistema de tratamento

Tratamento mixto

Comunicacións ou cesións de datos

Facenda pública e Administración tributaria

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas transferencias internacionais de datos a países terceiros

Órgano responsable do ficheiro

Instituto Galego da Vivenda e Solo

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Básico

Denominación do ficheiro

Seguridade e control de acceso físico

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Seguridade e control de acceso a edificios ou centros de traballo, videovixilancia, outras finalidades

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Empregados

Cidadáns ou residentes

Outros colectivos: persoal funcionario e laboral adscrito aos servizos da entidade

Procedemento de recollida de datos

Formularios web

Cámaras de seguridade

Procedencia dos datos

O propio interesado ou o seu representante legal

Estrutura básica do ficheiro

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: NIF/DNI, nome e apelidos, imaxe

Sistema de tratamento

Tratamento automatizado

Comunicacións ou cesións de datos

Órganos xudiciais

Forzas e corpos de seguridade

Transferencias internacionais de datos a países terceiros

Non se atopan previstas transferencias internacionais de datos a países terceiros

Órgano responsable do ficheiro

Instituto Galego da Vivenda e Solo

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela

Nivel do ficheiro

Básico

ANEXO II
Ficheiros que se van suprimir

Denominación do ficheiro

RHPERSON

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Ficheiro de persoal do IGVS. Ordenamento de forma automatizada da xestión de persoal, así como relacionar os postos de traballo e orzalos

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Empregados

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 27 de xullo de 1994 pola que se regulan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Recursos humanos regulado por esta orde

Denominación do ficheiro

GUBENEFI

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Ficheiro de datos do sistema económico-financeiro da aplicación de facturación e que ten por finalidade listar os adxudicatarios de vivenda de promoción pública incluíndo os valores das vivendas e os pagamentos que se produzan nelas

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Beneficiarios

Outros colectivos: adxudicatarios de vivenda de promoción pública

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 27 de xullo de 1994 pola que se regulan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión nos ficheiros Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades e Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, con entidades e con persoas terceiras regulados por esta orde

Denominación do ficheiro

XPAFECT

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Ficheiro de datos sobre expedientes de solo que conteñen os datos estritamente necesarios para a identificación dos suxeitos en expedientes expropiatorios e de alleamento e adquisición de inmobles polo IGVS

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Propietarios ou arrendatarios

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 27 de xullo de 1994 pola que se regulan os ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro

Plan Cuadrienal de Vivenda

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestión e tramitación dos expedientes relativos a concesións de axudas e financiamento cualificado formuladas ao abeiro dos plans de vivenda

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Solicitantes

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro

Ficheiro de rehabilitación rural

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestionar a concesión de subvencións e a rehabilitación rural

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Solicitantes

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro

Infravivenda

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestionar a concesión de axudas á erradicación de infravivenda

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Solicitantes

Beneficiarios

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro

Ficheiro de conxuntos históricos

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestionar a concesión de subvencións á rehabilitación en conxuntos históricos

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Solicitantes

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro

Ficheiro de reconstrución rural

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestionar a concesión de subvencións á reconstrución rural

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Solicitantes

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro

Axudas a mozos

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestionar a concesión de subvencións aos mozos adquirentes de vivendas de protección pública

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Solicitantes

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro

Axudas a familias numerosas

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Xestionar a concesión de subvencións ás familias numerosas adquirentes de vivendas

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Solicitantes

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro

Inspección

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Control das actividades realizadas polo Servizo de Inspección do IGVS

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Beneficiarios

Outros colectivos: adxudicatarios de vivenda de promoción pública

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulado por esta orde

Denominación do ficheiro

Vivendas de promoción pública

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Adxudicación, recadación e xestión administrativa das vivendas de promoción pública

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Beneficiarios

Outros colectivos: adxudicatarios de vivenda de promoción pública

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión nos ficheiros Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades e rexistros regulados por esta orde

Denominación do ficheiro

Construcións

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Control e xestión da promoción pública de vivendas: contratos e informes técnicos

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Provedores

Representantes legais

Persoas de contacto

Outros colectivos: empresas e profesionais vinculados aos contratos implicados na promoción pública de vivendas

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión nos ficheiros Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades e Rexistros regulados por esta orde

Denominación do ficheiro

Facturas de notarios e rexistradores

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Control e xestión das facturas emitidas por notarios e rexistradores

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Provedores

Outros colectivos: rexistradores e notarios que emiten facturas ao IGVS

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 17.2.2003 reguladora de ficheiros con datos persoais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión no ficheiro Relacións económicas e comerciais coa cidadanía, con entidades e con persoas terceiras regulado por esta orde

Denominación do ficheiro

Propietarios

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Incorporación de vivenda en alugamento de acordo co establecido na normativa que o regula. Ofrécense aos seus titulares os servizos e incentivos establecidos nel, concedéndolles, se for o caso, as subvencións de rehabilitación precisas, co obxecto de proceder co seu arrendamento no programa

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Propietarios ou arrendatarios

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 14 de setembro de 2007 pola que se crean ficheiros que conteñen datos de carácter persoal existentes na Consellería de Vivenda e Solo

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión nos ficheiros Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulados por esta orde

Denominación do ficheiro

Arrendatarios

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Tramitar as solicitudes de incorporación ao programa e, de ser o caso, as solicitudes de subvención ao arrendamento establecidas neste e presentadas conforme o establecido na súa normativa, coa finalidade de axudar familias e unidades de convivencia con dificultades de acceso á vivenda

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Solicitantes

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 14 de setembro de 2007 pola que se crean ficheiros que conteñen datos de carácter persoal existentes na Consellería de Vivenda e Solo

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión nos ficheiros Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulados por esta orde

Denominación do ficheiro

Ficheiro de renda básica de emancipación: arrendadores

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Controlar que a información e os datos que facilitan os arrendatarios é veraz, co fin de poderlles conceder as correspondentes subvencións

Colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos

Solicitantes

Beneficiarios

Outros colectivos: arrendadores de vivendas cuxos inquilinos soliciten as subvencións

Orde de creación/modificación do ficheiro

Orde do 8 de outubro de 2008 pola que se crean ficheiros que conteñen datos de carácter persoal existentes na Consellería de Vivenda e Solo, no eido da renda básica de emancipación dos mozos de Galicia

Destino dos datos ou previsións que se adopten para a súa destrución

Inclusión nos ficheiros Relacións administrativas coa cidadanía e con entidades regulados por esta orde

Denominación do ficheiro

Ficheiro de renda básica de emancipación: arrendatarios

Descrición da súa finalidade e usos previstos

Tramitar e resolver as solicitudes de subvencións e favorecer o arrendamento, facilitando, pola súa vez, a emancipación da mocidade