Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 2 de novembro de 2011 Páx. 32031

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

CUESTIÓN de inconstitucionalidade número 7754-2004, en relación co inciso primeiro do artigo 19.5 da Lei do Parlamento de Galicia número 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica.

A Sala Primeira do Tribunal Constitucional, por Auto do 17 de outubro actual, acordou declarar a extinción da cuestión de inconstitucionalidade número 7754-2004 por desaparición sobrevida do seu obxecto. Cuestión formulada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co inciso primeiro do artigo 19.5 da Lei do Parlamento de Galicia número 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica, por posible vulneración do artigo 14 da Constitución, que foi admitida a trámite por Providencia do 24 de maio de 2005, publicada no Boletín Oficial del Estado número 137, do 9 de xuño de 2005.

Madrid, 17 de outubro de 2011.

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional