Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 31 de outubro de 2011 Páx. 31887

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 27 de outubro de 2011 pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia da mesma data polo que se aproba a modificación do Catálogo priorizado de produtos farmacéuticos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na Resolución do 27 de outubro de 2011 pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia da mesma data pola que se aproba a modificación do Catálogo priorizado de produtos farmacéuticos da Comunidade Autónoma de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 207, do 27 de outubro de 2011, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 31699, onde di: «graxeas» debe dicir: «draxeas».

Na páxina 31706, onde di: «Gemfibrozilo» debe dicir: «Xemfibrozilo».

Na páxina 31706, onde di: «Gentamicina» debe dicir: «Xentamicina».

Nas páxinas 31706 e 31707, onde di: «Glucosamina» debe dicir: «Glicosamina».

Na páxina 31709, onde di: «Lamotrigina» debe dicir: «Lamotrixina».

Na páxina 31711, onde di: «Megestrol» debe dicir: «Mexestrol».

Na páxina 31696, onde di: «masticable» debe dicir: «mastigable».

Nas páxinas 31695, 31705, 31709, 31712 e 31721, onde di: «polvo» debe dicir: «po».

Na páxina 31718, onde di: «Progesterona» debe dicir: «Proxesterona».

Na páxina 31721, onde di: «Selegilina» debe dicir: «Selexilina».

Na páxina 31721, onde di: «Sevelamer» debe dicir: «Sevelámero».