Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 25 de outubro de 2011 Páx. 31307

III. Outras disposicións

Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2011 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no segundo cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño) establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos durante o segundo cuadrimestre do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2011.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

ANEXO
Convenio de colaboración subscrito pola Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos durante o segundo cuadrimestre do ano 2011

Convenio de colaboración para o desenvolvemento dun programa de cooperación educativa entre a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e a Universidade da Coruña.