Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 25 de outubro de 2011 Páx. 31284

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2011.

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería
de Economía e Industria

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2011

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Deputación Provincial de Pontevedra para o financiamento de actuacións encadradas nun proxecto de información e dinamización comercial na provincia de Pontevedra, financiado polo Feder no marco do Programa operativo 2007-2013.

10.8.2011

239.304,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

29.6.2011

610.800,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación galegas, para o fomento das exportacións galegas-Foexga 2011, financiado polo Feder no marco do Programa operativo 2007-2013.

10.8.2011

2.063.713,76 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Federación Foro Galego do Comercio para a realización dunha campaña promocional do comercio retallista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.8.2011

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga) e a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) para a certificación da calidade na industria auxiliar naval.

8.6.2011

400.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e as empresas Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. (BEGASA), a Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de Galicia (Apyde), Distribuidora Eléctrica de Catoira, S.A., Eléctrica de Valdriz, S.L. e Electro Manzaneda, S.L., para a mellora da calidade da subministración eléctrica de Galicia-2011.

11.5.2011

2.200.274,17 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e as empresas Gas Galicia SDG, S.A. e Gas Directo, S.A. para o desenvolvemento do plan de gasificación de Galicia 2011-2013, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder 2007-2013.

9.5.2011

5.404.203,30 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello da Laracha para a execución do proxecto de mellora e ampliación da infraestrutura existente no concello da Laracha.

6.5.2011

500.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Lousame para a execución do proxecto de rexeneración do contorno do poboado das antigas minas de San Finx.

1.6.2011

58.999,99 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia.

8.7.2011

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o Consello Superior de Investigacións Científicas e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento da segunda campaña de investigación do Gran Burato, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

11.7.2011

760.000,00 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. para o soterramento da L.A.T. 66 kV en Monte Porreiro (Pontevedra).

4.5.2011

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Vila de Cruces para a realización do proxecto de adecuación do contorno e cerramento do perímetro de seguridade na mina encima da carballeira de Vila de Cruces.

1.6.2011

59.940,37 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia en materia de I+D+i.

8.7.2011

450.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Centro Tecnolóxico da Lousa en materia de I+D+i.

8.7.2011

450.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster de Pizarra de Galicia en materia de prevención de riscos laborais.

3.8.2011

450.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster del Granito de Galicia en materia de prevención de riscos laborais.

3.8.2011

424.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Cerceda para a execución do proxecto de albergue na estación de Cerceda.

5.8.2011

374.825,38 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Cerceda para a execución do proxecto de melloras na Estación de Tratamento de Augas Pluviais en Cerceda.

31.8.2011

399.999.90 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Cerceda para a execución do proxecto de Museo da Minería de Cerceda.

31.8.2011

400.000.00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Cerceda para a execución do proxecto de paseo fluvial no Acevedo en Cerceda.

31.8.2011

300.000,00 €

Addenda ao protocolo xeral de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e Gas Galicia SDG, S.A. para o desenvolvemento da gasificación de nove novos núcleos de poboación nas provincias da Coruña e Pontevedra asinado o 9 de marzo de 2010.

8.6.2011

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), para o desenvolvemento dun Plan Piloto de Electromobilidade consistente na construción de 7 estacións multifuncionais de electromobilidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

30.6.2011

2.400.000,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o fomento das ensinanzas relacionadas co sector da lousa, impartidas no CIFP Someso.

30.6.2011

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de protocolos no ámbito das plataformas Solid e Ion Torrent.

4.8.2011

145.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Voz de Galicia, S.A., editora do xornal La Voz de Galicia, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións en materia de I+D+i, industria e comercio.

29.7.2011

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Faro de Vigo, S.A., editora do xornal Faro de Vigo, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións en materia de I+D+i, industria e comercio.

29.7.2011

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións en materia de I+D+i, industria e comercio.

29.7.2011

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Editorial Compostela, S.A., editora do xornal Galicia Hoxe e El Correo Gallego, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións en materia de I+D+i, industria e comercio.

29.7.2011

0,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región para a difusión nos seus medios de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións en materia de I+D+i, industria e comercio.

29.7.2011

0,00 €