Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 25 de outubro de 2011 Páx. 31304

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se realice.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Sanea Control, S.L.

3. Data:

Do 25 de outubro ao 3 de novembro de 2011.

4. Lugar de realización:

R/ Virxe das Mareas n.º 144.

36980 O Grove (Pontevedra).

5. Número de prazas:

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo I.

9. Programa:

– Día 25.10.2011:

16.00-17.00 h: introdución. Lexislación.

17.00-19.00 h: praguicidas. Descrición y xeneralidades.

19.00-20.00 h: xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

– Día 26.10.2011:

16.00-17.00 h: riscos para o home derivados do uso dos praguicidas.

17.00-18.30 h: praguicidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

18.30-20.00 h: hixiene e seguridade no manexo e aplicación de praguicidas.

– Día 27.10.2011:

16.00-18.45 h; métodos de loita antivectorial.

18.45-20.00 h: técnicas de aplicación de praguicidas.

– Día 2.11.2011:

16.00-17.00 h: técnicas de aplicación de praguicidas.

17.00-18.15 h: xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

18.15-20.00 h: prevención, diagnóstico e primeiros auxilios en caso de intoxicación.

– Día 3.11.2011:

16.00-17.00 h: preparación de disolucións de produtos.

17.00-18.00 h: interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

18.00-19.00 h: boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

19.00-20.00 h: resolución de exercicios prácticos.

20.00-21.00 h: avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente con que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2011.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas.
Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 25 de outubro ao 3 de novembro de 2011.

Lugar de realización do curso:

R/ Virxe das Mareas n.º 144.

36980 O Grove (Pontevedra).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: do 25 de outubro ao 2 de novembro das 16.00 ás 20.00 h, o 3 de novembro das 16.00 ás 21.00 h.

N.º de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., Avda. da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Tel.: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico: saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

NOME:

APELIDOS:

CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA:

EMPRESA:

SECTOR ACTIVIDADE:

ENDEREZO:

CP:

LOCALIDADE:

PROVINCIA:

TELÉFONO:

FAX:

CORREO ELECTRÓNICO: