Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 25 de outubro de 2011 Páx. 31283

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fan públicas as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas dos programas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2011 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no punto 6 (procedemento) das condicións xerais da convocatoria do programa de acción social do ano 2011 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, á cal se lle deu publicidade por medio da Resolución do 10 de xuño de 2011, da Dirección Xeral de Xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 126, do 1 de xullo, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro. Facer públicas as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas dos programas I (axuda fillos e estudos fillos) e II (axuda estudos funcionarios) nas páxinas web: http://www.intranetxustiza.xunta.es e http://cpapx.xunta.es/accion-social

En aplicación da Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal, a admisión ou a exclusión dos solicitantes dos programas III (axuda discapacidades) e IV (axuda por celiaquía, intolerancia á lactosa e crohn) comunicarase persoalmente aos interesados.

Segundo. Os/as solicitantes destes programas poderán formular alegacións no prazo de 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no devandito punto 6 do acordo sobre criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio 2011. A presentación da documentación cómpre facela nos rexistros xerais dos órganos administrativos establecidos no artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, e dirixilos á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (praza de Europa, 5A, 4.º, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2011.

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza