Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 24 de outubro de 2011 Páx. 31237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación dos contratos das subministracións e servizo que se citan.

Segundo o artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 22 de abril de 2010, acordou darlles publicidade ás adxudicacións que se indican a continuación:

1. Expediente: SXSI 02/11. Subministración de ordenadores ultraportátiles (netbooks) para os centros de ensino non universitario dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia no marco do Proxecto Abalar.

Adxudicatario: Coremain, S.L.U.

Orzamento: 5.201.321,22 euros. Cofinanciado con fondos Feder.

Data de adxudicación: 5.7.2011.

Data de formalización: 1.8.2011.

2. Expediente: SXSI 03/11. Subministración de ordenadores portátiles para os centros de ensino non universitario dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no marco do Proxecto Abalar.

Adxudicatario: Qed Systems, S.L.

Orzamento: 428.797,65 euros.

Data de adxudicación: 12.8.2011.

Data de formalización: 7.9.2011.

3. Expediente: SXSI 04/11. Subministración de armarios de carga para ordenadores ultraportátiles para os centros de ensino non universitario dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no marco do Proxecto Abalar.

Adxudicatario: Tecnologías Plexus, S.L.

Orzamento: 1.019.321,41 euros. Cofinanciado con fondos Feder.

Data de adxudicación: 1.8.2011.

Data de formalización: 23.9.2011.

4. Expediente: SXSI 05/11. Subministración dunha rede wifi para os centros de ensino non universitario dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no marco do Proxecto Abalar.

Adxudicatario: Tecnologías Plexus, S.L.

Orzamento: 599.244,60 euros.

Data de adxudicación: 14.7.2011.

Data de formalización: 5.8.2011.

5. Expediente: SXSI 06/11. Servizo de instalación, configuración e posta en marcha no nivel de usuario do equipamento tecnolóxico incluído no Proxecto Abalar con destino aos centros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Adxudicatario: Informática El Corte Inglés, S.A.

Orzamento: 160.850,52 euros.

Data de adxudicación: 23.8.2011.

Data de formalización: 29.8.2011.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño) e no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2011.

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria