Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 18 de outubro de 2011 Páx. 30469

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2011 pola que se fan públicos, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, os convenios de colaboración asinados no segundo cuadrimestre do ano 2011.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública no segundo cuadrimestre do ano 2011 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

A Estrada, 3 de outubro de 2011.

José Carlos García Bouzas
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Anualidade 2011

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello da Coruña.

Formación continua dos membros da Policía Local.

14.6.2011

1.000,00 €

1.000,00 €

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Vigo.

Formación continua dos membros da Policía Local.

20.7.2011

1.000,00 €

1.000,00 €