Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 18 de outubro de 2011 Páx. 30423

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 8.3 do Decreto 4/1987, do 8 de xaneiro, na súa nova redacción fixada polo Decreto 195/1991, do 30 de maio (DOG do 11 de abril), polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, e segundo o establecido no Decreto 261/1992, do 17 de setembro, polo que se amplía a composición da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, logo da conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Convocar a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas que terá lugar o vindeiro 15 de decembro, ás 10.00 horas, na cidade de Ourense.

Segundo. A orde do día da devandita reunión será a que figura como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2011.

J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar o 15 de decembro de 2011, ás 10.00 horas, na cidade de Ourense.

1. Constitución da comisión.

2. Apertura da sesión a cargo do secretario xeral da Emigración.

3. Informe xeral de actividades presentado polo secretario xeral da Emigración.

4. Informe sobre reforma da Lei da galeguidade.

5. Debate sobre os temas que se van tratar nas diversas adendas que se presentarán no vindeiro «Consello de Comunidades Galegas 2012».

6. Rolda de intervencións libres.