Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 14 de outubro de 2011 Páx. 30168

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 29 de setembro de 2011 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, e pola Lei 33/2010, do 5 de agosto, no seu artigo 40 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento de Xaime Rei Barreiro como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación do Concello de Redondela, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2011.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar