Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 11 de outubro de 2011 Páx. 29905

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables, na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Cacumen Lugo, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora:

Cacumen Lugo, S.L.U.

3. Data:

Do 21 de octubre ao 19 de novembro de 2011.

4. Lugar de realización:

Cacumen Lugo, S.L.U.

R/ Concepción Arenal, 18–1.º, 27004 Lugo.

5. Número de prazas:

Máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a:

Responsables técnicos de empresas de servizos. Control de pragas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo do anexo I.

9. Programa:

Día 21.10.2011

16.00–21.00 h

Introdución. Praguicidas (I).

Día 22.10.2011

10.00–14.00 h

Praguicidas (II).

16.00–20.00 h

Manipulación: formulacións e preparacións.

Día 28.10.2011

16.00–21.00 h

Pragas específicas (I).

Día 29.10.2011

10.00–14.00 h

Pragas específicas (II).

16.00–20.00 h

Pragas específicas (III).

Día 4.11.2011

16.00–21:00 h

Aplicación de raticidas e ratonicidas.

Aplicación de insecticidas e acaricidas.

Día 5.11.2011

10.00–14.00 h

Desinfección. Produtos utilizados. Técnicas de desinfección.

16.00–20.00 h

Aplicación de técnicas de desinfección.

Día 11.11.2011

16.00–19.00 h

Exercicios prácticos.

19.00–21.00 h

Praguicidas e ambiente (I).

Día 12.11.2011

10.00–14.00 h

Praguicidas e ambiente (II).

16.00–20.00 h

Precaucións e normas de seguridade (I).

Día 18.11.2011

16.00–21.00 h

Precaucións e normas de seguridade (II).

Día 19.11.2011

10.00–13.00 h

Exercicios prácticos.

13.00–14.00 h

Proba de avaliación.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2011.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Cacumen Lugo, S.L.U.

Datas: o 21 de outubro ao 19 de novembro de 2011.

Lugar de celebración do curso:

Cacumen Lugo, S.L.U.

R/ Concepción Arenal, 18–1.º, 27004 Lugo.

Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: os días 21 e 28 de outubro, 4, 11 e 18 de novembro, en horario das 16.00 ás 21.00. Os días 22 e 29 de outubro, 5 e 12 de novembro en horario das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 20.00. O día 19 de novembro en horario das 10.00 ás 14.00. Proba de avaliación o día 19 de novembro das 13.00 ás 14.00.

N.º de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Cacumen Lugo, S.L.U., r/ Concepción Areal, 18–1.º, 27004 Lugo. Tel.: 982 24 39 44, fax: 982 28 41 61, correo electrónico: cacumen@cacumenlugo.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Apelidos:

Nome:

NIF:

Enderezo:

Localidade:

Teléfono: Fax:

Empresa: