Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 11 de outubro de 2011 Páx. 29909

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables, na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Cacumen Lugo, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Cacumen Lugo, S.L.U.

3. Data:

Do 25 de novembro ao 16 de decembro de 2011.

4. Lugar de realización:

Cacumen Lugo, S.L.U.

R/ Concepción Arenal, 18-1.º, 27004 Lugo.

5. Número de prazas:

Máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a:

Persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo do anexo I.

9. Programa:

Día 25.11.2011

10.00-12.00 h

Biocidas. Descrición e clasificación dos distintos tipos de biocidas. Riscos derivados da manipulación de biocidas.

12.00-14.00 h

Principais pragas. Pragas ambientais. Loita contra as pragas ambientais. Métodos de loita antivectorial.

16.00-17.00 h

Principais pragas. Pragas ambientais. Loita contra as pragas ambientais. Métodos de loita antivectorial.

17.00-19.00 h

Técnicas de aplicación de biocidas. Biocidas e ambiente. Problemas de destrución de envases.

Día 2.12.2011

10.00-13.00 h

Hixiene e seguridade na manipulación de biocidas. Intoxicación, prevención, diagnóstico e primeiros auxilios.

13.00-14.00 h

Prácticas: as principais pragas e métodos de loita. Métodos de prevención contra pragas.

16.00-19.00 h

Prácticas: as principais pragas e métodos de loita. Métodos de prevención contra pragas.

Día 16.12.2011

10.00-11.00 h

Prácticas: as principais pragas e métodos de loita. Métodos de prevención contra pragas.

11.00-13.00 h

Prácticas: uso adecuado dos medios de protección persoal. Aplicación de distintos métodos de loita contra as pragas ambientais. Técnicas de aplicación de biocidas. Destrución de envases.

13.00-14.00 h

Prácticas: actuación e primeiros auxilios ante intoxicacións por biocidas.

16.00-18.00 h

Prácticas: actuación e primeiros auxilios ante intoxicacións por biocidas.

18.00-19.00 h

Exame tipo test

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2011.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas.
Nivel básico

– Entidade organizadora: Cacumen Lugo, S.L.U.

– Datas: do 25 de novembro ao 16 de decembro de 2011.

– Lugar de realización do curso:

Cacumen Lugo, S.L.U.

R/ Concepción Arenal, 18-1.º, 27004 Lugo.

– Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

– Horario: das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 19.00.

– N.º de prazas: máximo 20 alumnos.

– Presentación de solicitudes:

Cacumen Lugo, S.L.U., r/ Concepción Arenal, 18-1.º, 27004 Lugo, tel.: 982 24 39 44, fax: 982 28 41 61, correo electrónico: cacumen@cacumenlugo.com

– Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Apelidos …………………………………………………………………………………………......

Nome …………………………………………………………………………………………...........

NIF………………………………………………………………………………………………........

Enderezo………………………………………………………………………………………...........

Localidade……………………………………………………………………………………….........

Teléfono………………………………….....……… Fax…….………………….……………….....

Empresa……………………………………………………….......……………………………….....