Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 10 de outubro de 2011 Páx. 29773

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2011 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no segundo cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2011.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte durante o segundo cuadrimestre do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2011.

Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Data sinatura

Descrición

Importe total

16.2.2011

Convenio de colaboración entre o Consello Municipal de Deportes de Ourense e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para uso de instalacións deportivas.

12.4.2011

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Secretaría Xeral para o Deporte, a Escola Galega de Administración Pública e o Ilustre Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia, para o desenvolmento de actividades de formación, divulgación e investigación.

7.6.2011

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Secretaría Xeral para o Deporte, para a difusión da marca turística Galicia.

50.000,00

8.6.2011

Acordo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral para o Deporte, para o desenvolvemento das accións incluídas dentro dos Xogos Galegos Deportivos Escolares (Xogade).

25.000,00

7.9.2011

Convenio marco de colaboración entre a Axencia Estatal Antidopaxe e a Xunta de Galicia en materia de loita contra a dopaxe.