Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 4 de outubro de 2011 Páx. 29171

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

CUESTIÓN de inconstitucionalidade número 1826/2011, en relación coa disposición adicional terceira da Lei do Parlamento de Galicia 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, na redacción dada pola Lei galega 10/2007, do 28 de xuño, por posible vulneración do artigo 149.1.8.º da Constitución.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 13 de setembro actual, acordou admitir a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 1826/2011, formulada pola Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de casación número 20/2010, en relación coa disposición adicional terceira da Lei do Parlamento de Galicia 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, na redacción dada pola Lei galega 10/2007, do 28 de xuño, por posible vulneración do artigo 149.1.8.º da Constitución e, de conformidade co disposto no artigo 10.1 c) da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, na redacción dada pola Lei orgánica 6/2007, do 24 de maio, deferir á Sala Segunda, á cal lle correspondeu por quenda obxectiva, o coñecemento desta cuestión.

De conformidade co establecido no artigo 37.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, na súa nova redacción, quen sexa parte no procedemento, recurso de casación número 20/2010, poderá comparecer perante este tribunal dentro dos quince días seguintes ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado.

Madrid, 13 de setembro de 2011.

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional