Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 26 de setembro de 2011 Páx. 28164

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2011 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no segundo cuadrimestre do ano.

Para os efectos previstos no artigo 11.1.º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xuño), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia no segundo cuadrimestre do ano 2011 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2011.

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

N.º 1.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e a Fundación Sotavento Galicia para a divulgación, formación e realización de proxectos técnico-demostrativos no Parque Eólico Experimental Sotavento.

Obxecto: establecer as bases da colaboración entre o Inega e a Fundación Sotavento Galicia coa finalidade de impulsar as tecnoloxías vinculadas ao desenvolvemento das enerxías renovables, e difundir o carácter experimental e de demostración das instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento.

Sinatura: 20 de maio de 2011.

Importe: 40.000 €.

N.º 2.

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e a Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica (Amicos) para o estudo e asesoramento na construción da futura residencia.

Obxecto: establecer as bases da colaboración entre o Inega e Amicos no proceso de construción do centro de atención residencial a persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas.

Sinatura: 27 de maio de 2011.

Importe: 0,00 €.

N.º 3.

Título: acordo de cesión dun vehículo híbrido enchufable Prius de Toyota España, S.L.U. ao Instituto Enerxético de Galicia.

Obxecto: que o Inega incorpore temporalmente na súa flota un vehículo Prius híbrido enchufable por un período de 90 días. Entre o 14 de xullo e o 14 de outubro de 2011 .

Sinatura: 14 de xullo de 2011.

Importe: 0,00 €.

N.º 4.

Título: addenda ao convenio marco de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) para a definición e posta en práctica das actuacións previstas no Plan de Acción 2008-2012 (PAE4+), da estratexia de aforro e eficiencia enerxética, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto: regulación da forma na cal se aplicará o orzamento destinado as liñas de apoio económico previstas dentro do Plan de Impulso a Contratación de Servizos Enerxéticos, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sinatura: 27 de maio de 2011.

Importe: 3.796.259,55 €.

N.º 5.

Título: addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e a Fundación Sotavento Galicia para a realización de accións formativas en materia de normativa enerxética edificatoria.

Obxecto: prorrogar o prazo de vixencia do convenio do 30 de setembro de 2011 ata o 15 de outubro de 2011 e establecer o número máximo e mínimo de alumnos por curso.

Sinatura: 3 de xuño de 2011.

Importe: 0,00 €.

N.º 6.

Título: addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) para a realización de accións formativas en materia de normativa enerxética edificatoria.

Obxecto: prorrogar o prazo de vixencia do convenio do 30 de xuño de 2011 ata o 15 de outubro de 2011.

Sinatura: 28 de xuño de 2011.

Importe: 0,00 €.