Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 26 de setembro de 2011 Páx. 28163

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se procede a publicar a encomenda de xestión a Tragsa das obras correspondentes ao proxecto de reforma da fábrica de xeo de Muxía (A Coruña).

Coa finalidade de dar cumprimento ao disposto no artigo 9.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia a orde de execución da Consellería do Mar a Tragsa para a execución das obras correspondentes ao proxecto de reforma da fábrica de xeo de Muxía (A Coruña).

Para xeral coñecemento, disponse a súa publicación como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2011.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Mar

ANEXO

Primeiro. Actividade a que se refire.

A actividade a que se refire esta encomenda de xestión é a realización das obras correspondentes ao proxecto de reforma da fábrica de xeo de Muxía (A Coruña).

Segundo. Natureza e alcance da xestión encomendada.

Esta encomenda de xestión ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsa a consideración de medio propio instrumental da Administración, a teor do establecido na disposición adicional trixésima da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Terceiro. Prazo de vixencia.

O prazo máximo de execución da obra fíxase en 6 meses a partir da sinatura da acta de comprobación da implantación, que será asinada no prazo dun mes desde a sinatura da orde de execución (16.6.2011).