Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 26 de setembro de 2011 Páx. 28162

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2011.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2011.

Rosa María Pedrosa Pedrosa
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2011

Convenio

Importe (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración coa Universidade de Vigo para a cesión de información de carácter tributario así como dos demáis ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

16.6.2011

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Facenda, e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia

2.703.000 €

20.7.2011