Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 20 de setembro de 2011 Páx. 27638

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2011 pola que se nomean os membros que integran a Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

A Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia regula os aspectos esenciais da Comisión de Heráldica de Galicia, configurándoa como órgano consultivo da Xunta de Galicia a quen lle corresponde emitir informe vinculante nos procedementos de aprobación, modificación ou rehabilitación de escudos ou bandeiras das entidades locais.

Mediante o Decreto 19/2010, do 11 de febrero, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, se regula a composición e funcionamento da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, así como a adscrición desta á consellería competente en materia de réxime local.

O artigo 6 do Decreto 19/2010 recolle a composición e o nomeamento dos seus membros.

A disposición transitoria única do referido decreto sinala a obriga de nomear no prazo de dous anos desde a entrada en vigor deste aos membros da Comisión de Heráldica.

En virtude do exposto,

DISPOÑO:

Nomear como membros da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia ás persoas que a continuación se relacionan:

– Como vicepresidente da Comisión, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, doutor en Historia Medieval, profesor de investigación do CSIC e Académico de Número da Académie Internationale d´´Heráldique e da Real Academia Maritense de Heráldica e Xenealoxía.

– Como vogal, Eligio Rivas Quintas, doutor en Filoloxía Románica.

– Como vogal, Xosé Antón García González Ledo, debuxante arqueolóxico e heráldico. Académico correspondente da Académie Internationale d´´Heraldique e da Real Academia Maritense de Heráldica e Xenealoxía.

– Como vogal, Pablo S. Otero Piñeyro-Maseda, doutor en Historia Medieval, investigador contratado do Instituto de Estudos Galegos «Padre Sarmiento».

– Como vogal, Marta Cendón Fernández , doutora en Historia da Arte, profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza