Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 19 de setembro de 2011 Páx. 27541

III. Outras disposicións

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2011 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este instituto no segundo cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no segundo cuadrimestre do ano 2011, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Vilaxoán, 2 de setembro de 2011.

M.ª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no segundo cuadrimestre do ano 2011

Convenio

Importe

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización da análise de enfermidades dos peixes e da situación zoosanitaria das instalacións de acuicultura mariña na Comunidade Autónoma de Galicia

83.859 €

1.6.2011

Convenio específico de colaboración entre o Instituto Español de Oceanografía (IEO) e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia para o control do fitoplancto tóxico nas rías galegas, ano 2011

128.000 €

1.7.2011