Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 19 de setembro de 2011 Páx. 27454

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 1 de agosto de 2011 pola que se amplía a autorización para a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG número 160, do martes 23 de agosto de 2011, é necesario efectuar a seguinte corrección:

– Na páxina 25429, na disposición derradeira primeira, onde di:

«Autorízanse a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa para tomar as medidas precisas para a execución desta orde».

Debe dicir:

«Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para tomar as medidas precisas para a execución desta orde».