Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 19 de setembro de 2011 Páx. 27482

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2011 pola que se publican os convenios de colaboración asinados por este ente público no primeiro cuadrimestre do ano 2011.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2011 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2011.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da
sinatura

Achega de Portos de Galicia

Portos de Galicia e a Asesoría Xurídica Xeral da Xunta

Addenda ao convenio para a prestación de asistencia xurídica pola Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

10.1.2011

18.000 €

Portos de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa

Execución e mantemento de contedores de lixo subterráneos nos portos do Carril e Vilaxoán.

20.1.2011

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Miño

Mellora e adecuación, conservación e mantemento das instalacións do parque infantil existente no porto de Miño.

18.2.2011

Non ten

Portos de Galicia e a Universidade da Coruña

Desenvolvemento dun programa de formación coa realización do Máster en administración e xestión portuaria.

1.3.2011

10.000 €

Portos de Galicia e o Concello de Rianxo

Execución e mantemento da rede de saneamento, pluviais e melloras na rede existente no porto de Rianxo.

7.3.2011

Non ten

Portos de Galicia e a EGAP

Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

14.3.2011

Non ten

Portos de Galicia e a Cruz Vermella Española

Colaboración mediante a cesión de uso dun inmoble no porto de Sada con destino a actividades relacionadas cos primeiros auxilios ou socorrismo nos portos de mar e actuacións en casos de emerxencias ante catástrofes marítimas.

14.3.2011

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Execución dunha estación de bombeo e liña independente de saneamento no dominio público portuario de Corrubedo.

17.3.2000

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Execución dunha estación de bombeo e dunha liña independente de saneamento en terreos da zona de servizo do porto de Ribeira.

17.3.2011

Non ten

Portos de Galicia e a CMATI

Acordo para a adscrición a Portos de Galicia dos dereitos e facultades sobre a terminal marítima de pasaxeiros de Moaña.

4.4.2011

Non ten

Portos de Galicia e a CMATI

Acordo para a adscrición a Portos de Galicia dos dereitos e facultades sobre a terminal marítima de pasaxeiros de Cangas.

4.4.2011

Non ten