Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 12 de setembro de 2011 Páx. 26756

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve o concurso de méritos específico entre o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería, convocado pola Orde do 13 de xuño de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xuño).

Mediante a Orde do 13 de xuño de 2011 convocouse concurso de méritos específico entre o persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería (DOG do 20 de xuño).

Resoltas as reclamacións e admitidas as renuncias producidas á resolución provisional, esta dirección xeral, de acordo co establecido no artigo 8 da citada orde,

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a resolución definitiva do concurso no anexo desta resolución, indicando o persoal docente seleccionado xunto cos postos adxudicados.

Segundo. O persoal docente relacionado no anexo queda adscrito aos postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2011, cesará nos seus postos con data do 31 de agosto do mesmo ano e permanecerá neles en réxime de comisión de servizos, con reserva do posto de traballo de orixe, por un período dun ano, renovable ano a ano ata un máximo de seis, establecéndose un proceso de avaliación do exercicio da súa actividade que, no caso de ser positiva, determinará a súa continuidade.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, o persoal interesado poderá interpor recurso potestativo de reposición perante o consellerio de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2011.

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

N.º praza

Denominación da praza

Candidatos seleccionados

Destino

1

Innovación e desenvolvemento curricular de formación profesional nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia

Gómez Duarte, Miguel Ángel

Dirección Xeral de Educación,

FP e Innovación Educativa

2

Ordenación e desenvolvemento curricular na formación profesional

García Nóvoa, Sonia

Dirección Xeral de Educación,

FP e Innovación Educativa

5

Asesoría de emprendemento no sistema educativo

Sanmartín Otero, M.ª Lourdes

Dirección Xeral de Educación,

FP e Innovación Educativa

Santos Garrido, Miguel

Dirección Xeral de Educación,

FP e Innovación Educativa

6

Asesoría de desenvolvemento do proceso de acreditación de competencias

Fernández García, José Antonio

Dirección Xeral de Educación,

FP e Innovación Educativa

7

Asesor/a de estatística en procesos de planificación e avaliación educativa

Mato Sánchez, Isabel

Dirección Xeral de Educación,

FP e Innovación Educativa

9

Asesor/a de planificación educativa

Martínez Rivas, Guadalupe

Dirección Xeral de Educación,

FP e Innovación Educativa

10

Asesor/a na avaliación de programas e institucións educativas

Rodríguez Méndez, Miguel A.

Dirección Xeral de Educación,

FP e Innovación Educativa

11

Asesor/a de calidade e xestión de novas tecnoloxías para a inspección educativa

Blanco Santos, Agustín

Dirección Xeral de Educación,

FP e Innovación Educativa

12

Asesoría de innovación educativa

Sacido Romero, Alberto

Dirección Xeral de Educación,

FP e Innovación Educativa

13

Asesoría de potenciación das linguas estranxeiras

Álvarez Villar, Noemí

Dirección Xeral de Educación,

FP e Innovación Educativa

Castro Villalón, Elena María

Pozo Lahargue, Eugenia Marina

14

Asesoría de programas educativos

Costa Carneiro, Manuel

Dirección Xeral de Educación,

FP e Innovación Educativa

15

Asesor/a de ensinanzas de idiomas de réxime especial

Barderas Rey, Rubén

Dirección Xeral de Educación,

FP e Innovación Educativa

16

Asesor/a de música e artes escénicas

Domínguez Domínguez, Lluís

Dirección Xeral de Educación,

FP e Innovación Educativa

18

Asesor/a para a educación e formación ao longo da vida

Río Rey, Blanca

Dirección Xeral de Educación,

FP e Innovación Educativa

19

Asesor/a de estatística do SUG

Fernández Ocampo, María del Carmen

Secretaría Xeral de Universidades

20

Asesor/a técnico praza museística pedagóxica

Cepeda Fandiño, Antonio

Secretaría Xeral Técnica

Seco González, Beatriz

21

Asesores Siega-Abalar de zona: apoio aos centros docentes na implantación das novas tecnoloxías e servizos educativos segundo o proxecto Abalar

Martínez Rama, Óscar

Secretaría Xeral Técnica

(A Pobra do Caramiñal)

Medina Méndez, Ana María

Secretaría Xeral Técnica (Lugo)

Santos Pérez, Patricia

Secretaría Xeral Técnica (A Coruña)

22

Asesoría Siega-Abalar Sistemas

Díaz López, Félix

Secretaría Xeral Técnica (Santiago de Compostela)

Feijoo Costa, Ricardo

23

Asesoría Siega-Abalar Desenvolvemento

Fernández Esteller, María

Secretaría Xeral Técnica (Santiago de Compostela)

24

Asesoría Siega-Abalar Estatística

Figueroa Rodríguez, Marco Antonio

Secretaría Xeral Técnica (Santiago de Compostela)

27

Apoio aos servizos educativos que se desenvolverán baixo o proxecto Siega-Abalar (Lugo)

Méndez Cancio, Javier

Secretaría Xeral Técnica

(Delegación Provincial de Lugo)