Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 7 de setembro de 2011 Páx. 26481

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 1 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, así como videoclips, e se convocan para o ano 2011.

Advertido erro na dita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 63, do mércores, 30 de marzo de 2011, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 5544, artigo 14º, punto 1, onde di:

«1. Entrega de dúas copias en galego da produción subvencionada, no formato final que figure na solicitude. As copias enviadas en 35 mm deberán acompañarse cunha copia en DVD. As copias (DVD e 35 mm) estarán en perfecto estado e poden ser utilizadas pola Consellería de Cultura e Turismo ou pola Axencia Galega das Industriais Culturais para a súa conservación e uso con fins culturais e de promoción do audiovisual galego. En todo caso, e para a comprobación da realización da actividade ou para a socialización non lucrativa dela, a Agadic poderá realizar cantas copias considere precisas».

Debe dicir:

«1. Entrega dunha copia en galego da produción subvencionada, no formato final que figure na solicitude. A copia enviada en 35 mm deberá acompañarse cunha copia en DVD. As copias (tanto a de DVD como a de 35 mm) estarán en perfecto estado e poden ser utilizadas pola Consellería de Cultura e Turismo ou pola Axencia Galega das Industriais Culturais para a súa conservación e uso con fins culturais e de promoción do audiovisual galego. En todo caso, e para a comprobación da realización da actividade ou para a socialización non lucrativa dela, a Agadic poderá realizar cantas copias considere precisas».