Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 5 de setembro de 2011 Páx. 26284

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Decreto 175/2011, do 1 de setembro, polo que se nomea secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria a Borja Verea Fraiz.

Advertido erro no citado decreto, publicado no DOG n.º 168, do 2 de setembro de 2011, cómpre efectuar a seguinte corrección:

–No sumario e na páxina 26207, o citado decreto publícase baixo a epígrafe da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, cando debería saír baixo a epígrafe da Consellería de Economía e Industria.