Mediante Orde do 13 de febreiro de 2001,modificada pola Orde do 25 de xuño de 2010 (DOG n.º 45, do 5 de marzo, e DOG n.º 137, do 20 de xullo), créase a Comisión Galega de Bioética en cumprimento da disposición adicional primeira do Decreto 177/2000 (DOG n.º 130, do 5 de xullo).
A segunda das ordes citadas dispón nos artigos 6 e 6 bis o cesamento, substitución e nomeamento dos vogais da Comisión, mediante orde da persoa titular da Consellería de Sanidade, así como as causas para o citado cesamento.
Xa que logo, en virtude das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,
DISPOÑO:
Artigo único.
Nomear como vogal da Comisión Galega de Bioética a María Francisca Ponte García, licenciada en dereito, para a cobertura da vacante deixada por Roberto Pérez López.
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2011.
Pilar Farjas Abadía
Conselleira de Sanidade