Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 30 de agosto de 2011 Páx. 25975

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Consumo

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2011 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Consumo no primeiro cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración autonómica galega (DOG n.º 136, do 14 de xuño), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Consumo no primeiro cuadrimestre do ano 2011.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2011.

M.ª Nava Castro Domínguez
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Agrupación de Consumidores e Usuarios Asociados Acua para o proxecto de desenvolvemento dun observatorio, actuacións de sensibilización, atención, información e mediación no eido da contratación cos consumidores de préstamos ou créditos hipotecarios e de servizos de intermediación para a celebración de contratos de préstamo ou crédito.

18 de febreiro de 2011

20.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro Adicae-Galicia para o proxecto de desenvolvemento dun observatorio, actuacións de sensibilización, atención, información e mediación no eido de servizos financeiros e seguros.

21 de febreiro de 2011

39.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Brétema para o proxecto de desenvolvemento dun observatorio, actuacións de sensibilización, atención, información e mediación no eido de publicidade e indicación de prezos e talleres de reparación de vehículos.

21 de febreiro de 2011

86.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Asociación de Consumidores e Usuarios en Marcha Conumar para o proxecto de desenvolvemento dun proxecto de expansión do desenvolvemento de actuacións, servizos e procedementos de atención, información e mediación nos distintos eidos do dereito de protección dos consumidores na provincia de Lugo.

21 de febreiro de 2011

50.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación Galega de Euroconsumo para o proxecto de desenvolvemento dun observatorio, actuacións de sensibilización, atención, información e mediación no eido de concursos televisivos.

18 de febreiro de 2011

86.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación de Usuarios e Consumidores Independientes de Galicia Fuciga para o proxecto de desenvolvemento dun observatorio, actuacións de sensibilización, atención, información e mediación no eido do transporte aéreo.

21 de febreiro de 2011

86.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Asociación de Consumidores Unión de Consumidores de Galicia Ucgal para o proxecto de desenvolvemento dun observatorio, actuacións de sensibilización, atención, información e mediación no eido de reclamacións en materia de garantías.

21 de febreiro de 2011

39.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Deputación de Ourense para o proxecto de desenvolvemento e mellora dos servizos de atención e información ao cidadán, así como de formación e difusión en materia de consumo na provincia de Ourense.

23 de febreiro de 2011

40.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación Galega de Municipios e Provincias en materia de defensa das persoas consumidoras.

23 de febreiro de 201

44.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Deputación de Pontevedra para o proxecto de desenvolvemento e mellora dos servizos de atención e información ao cidadán, así como de formación e difusión en materia de consumo na provincia de Pontevedra.

23 de febreiro de 201

55.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Universidade de Vigo para a realización dun proxecto formativo no ámbito da comunicación publicitaria.

28 de febreiro de 2011

15.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do prácticum das titulacións da Facultade de Ciencias da Información.

29 de marzo de 2011

Sen dotación

orzamentaria

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Universidade de Santiago de Compostela no eido do Dereito de consumo e a arbitraxe de consumo.

23 de febreiro de 2011

30.000 euros

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Universidade de Vigo para a realización dun proxecto formativo no ámbito da comunicación publicitaria.

28 de febreiro de 2011

15.000 euros

Addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e o Instituto Nacional de Tecnoloxía Industrial (INTI) no terreo da investigación téxtil.

29 de decembro de 2010

Sen dotación

orzamentaria